martes, 28 de junio de 2016

TRABALLANDO VALORES DESDE A AULA DE APOIO.

Desde as clases de reforzo e apoio que se realizan cos alumnos de 1º e 2º da ESO exentos da 2ª lingua estranxeira, estivemos a traballar, dentro do Plan Proxecta, con temas relacionados coa educación en valores.

Os alumnos e alumnas traballaron por parellas e recibiron material impreso onde se profundizaba sobre un determinado valor: honestidade, amizade, tolerancia, agradecemento, bondade, solidaridade e xustiza.

Os rapaces e rapazas tiveron que ler, debater e comentar en alto o seu valor, para despois facer un resumo ou unha presentación, ben nun texto (word, libreoffice,...) ou nun powerpoint.

Unha vez rematado o traballo, chegou o momento da posta en común, onde xurdiron debates moi interesantes, que sacaron á luz máis dunha contradicción, dúbida ou prexuízo.

Foi un traballo moi dinámico que axudou á resolución de conflitos na aula ou fóra dela, e tamén a promover o espírito cooperativo e crítico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario