sábado, 30 de enero de 2016

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O día 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz. No noso centro non queremos deixar pasar esta data sen facer algunha reflexión sobre o que significa a paz nestes tempos que vivimos. 
Por iso, o Departamento de Orientación, en colaboración coa Biblioteca, o Equipo de Dinamización Lingüística e Vicedirección, elaboramos o noso "Libro da Paz" do centro que quedou exposto xa esta semana e quedará tamén exposto toda a semana próxima. 
A finalidade é que toda a comunidade educativa poida deixar a súa pequena ou gran achega sobre esta data e o que significa, porque a paz non é a ausencia de guerra, senón a convivencia pacífica, tolerante e respectuosa entre todos nós.
Por iso pedimos a colaboración e a participación de todos e todas. 
Moitas grazas.







viernes, 29 de enero de 2016

CONVOCATORIA PROBAS ESO E BAC

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acaba de convocar no DOG de onte as probas para a obtención do título da ESO para maiores de 18 anos e a proba para a obtención do título de Bacharelato para maiores de 20 anos.
Estes son os enlaces para ver os documentos:

martes, 12 de enero de 2016

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS DA CRUZ VERMELLA

O luns 11 de xaneiro, o alumnado de Formación Profesional do noso centro asistiu a un obradoiro de Primeiros Auxilios impartido por unha enfermeira e dous voluntarios da Cruz Vermella. Estes contidos están enfocados, dun xeito práctico, a complementar o módulo de Formación e Orientación Laboral, módulo que se imparte en todos os ciclos de grao medio e de grao superior. 
O alumnado de FP Básica non o cursa, e por iso consideramos moi importante que tamén asistiran a estes obradoiros.












Esta é a valoración do noso alumnado, tanto de FP Básica como de FP de Grao Medio:
                    Homes 59                                  Mulleres 10


  • Cal foi a túa impresión sobre o obradoiro?
            Boa  55                       Regular  12                       Dame igual  3
  • Cres que este tipo de actividades te axudan a mellorar os teus coñecementos e prácticas de primeiros auxilios?
                              Si  65                                     Non  5
  • Consideras que son coñecementos que che poden servir nalgún momento da túa vida, sexa persoal ou laboral?
       Si, sabería actuar correctamente    62    
       Non, porque non sabería actuar       8
  • Aprendiches algo novo que non souberas doutros anos nos que asistiches?
       Si, polo menos estiven máis atento/a   51     
       Non, é o mesmo de sempre                 19 
  • Consideras que está ben repartida, en cuestión de tempo, a parte teórica e a parte práctica do obradoiro?
       Si, é necesario aprender a teoría primeiro   46
       Non, creo que debería haber máis práctica  24
  • Se asistiches anteriormente a este obradoiro, cres que é importante repetir cada ano a actividade?
       Si, porque sempre aprendes algo novo     51
       Non, porque me lembro perfectamente    18
  • Se queres facer algún comentario persoal sobre o obradoiro, faino a continuación: 
  1. A maioría de vós considerades que o obradoiro debería durar máis tempo   para que poidera haber máis práctica.
  2. Moi bo para saber como actuar ante unha emerxencia.
  3. Debería ser un módulo obrigatorio.
  4. Deberíase ter en conta a opinión do alumnado antes de convocar unha actividade deste tipo.
  5. Debería ir explicada a teoría e despois a práctica da situación, non toda a teoría e ao final a práctica.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
         

viernes, 8 de enero de 2016

PROCESO DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS.

A Consellería de Educación acaba de publicar no DOG a Orde pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral para este ano 2016.

Este é un proceso que a Consellería ven convocando desde fai uns anos e que pretende facilitar a todos aqueles traballadores e traballadoras que teñen varios anos de experiencia laboral, acadar a titulación correspondente despois de pasar por unha serie de fases de acreditación.

Aínda que o proceso ten lugar nalgúns dos Centros Integrados de Formación Profesional da Comunidade Autónoma de Galicia, nos Departamentos de Orientación de Secundaria podemos informar sobre o mesmo a todas aquelas persoas da comunidade educativa e do contorno socio-cultural do centro que así o soliciten.

No seguinte enlace pódese buscar información máis específica sobre as unidades de competencia acreditables e como participar no proceso.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160108/AnuncioG0164-281215-0002_gl.pdf

O prazo para inscribirse na convocatoria é do 11 de xaneiro ao 5 de febreiro.

INFORMACIÓN DA OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL (OMIX) DO CONCELLO DE CURTIS.

Este venres, 8 de xaneiro, os nosos alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO e de 1º e 2º de Bacharelato, tiveron a oportunidade de asistir a unha charla informativa da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Curtis a cargo da responsable da mesma, Tania, que estivo acompañada de dúas rapazas estranxeiras, Natalia de Rusia e Claudia de Italia, as cales levan xa aquí seis meses desfrutando dun intercambio cultural e voluntariado co programa Erasmus +; elas mesmas comentáronlle aos rapaces e rapazas as vantaxes deste tipo de programas.

Nesta charla informouse ao alumnado sobre os seguintes temas:
  • A casa da xuventude.
  • As ventaxas de ter o carné xove (descontos e seguros en viaxes).
  • Outros carnés como o de alberguista ou o o de estudante internacional.
  • Dentro da educación non formal e informal que aporta o concello, a posibilidade de participar en dous programas: "Deseñando o teu futuro" e "Iniciativa xove".


De todas estas accións e actividades teñen cumprida información nas páxinas web do concello e da xuventude da Xunta, así como nos "facebook" correspondentes.

Pasaráselle un pequeno cuestionario de valoración ao alumnado para coñecer a súa opinión sobre a información recibida e o uso que farán da mesma, valoración que publicarei unha vez analizada.











Esta é a valoración do noso alumnado de 1º e 2º de Bacharelato: 36 mulleres e 23 homes:
  • Cal foi a túa impresión sobre a charla?
            Estivo ben 55          Non me interesou en absoluto 2    Dame igual 2
  • Cres que é útil a información que vos deron?
         Si, pero non para agora 9    Si, por suposto 48         Non, para nada 2
  • Pensas utilizar esta información para obter algún carné ou participar nalgunha das actividades propostas?
         Si, por suposto 16          Igual máis adiante 39       Non, en absoluto 3
  • Coñecías todo o que che comentaron?
                         Si 9                                       Non 50
  • Se coñeciches algo que non sabías, que foi?
       A maioría de vós, apuntastes o seguinte:
             - As vantaxes do carné xove.
             - O seguro de viaxe do carné xove.
             - Oportunidades laborais.
             - Erasmus +.
             - Voluntariado europeo e intercambios.
             - Outro tipo de carnés.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN


E esta é a valoración do alumnado de 3º e 4º da ESO: 22 homes e 36 mulleres:

  • Cal foi a túa impresión sobre a charla?
            Estivo ben 46          Non me interesou en absoluto 3    Dame igual 10
  • Cres que é útil a información que vos deron?
         Si, pero non para agora 11    Si, por suposto 44         Non, para nada 4
  • Pensas utilizar esta información para obter algún carné ou participar nalgunha das actividades propostas?
         Si, por suposto 19          Igual máis adiante 32      Non, en absoluto 6
  • Coñecías todo o que che comentaron?
                         Si 11                                       Non 47
  • Se coñeciches algo que non sabías, que foi?
       A maioría de vós, apuntastes o seguinte:
             - As vantaxes do carné xove.
             - Os tipos de carnés que hai.
             - Todo.
             - Os intercambios.
             - As prácticas.
             - O carné internacional.
             - Erasmus +.
             - Os proxectos do programa "Deseñando o teu futuro".
             - Axudas, becas.
             - Información do concello relacionada coa xuventude.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

jueves, 7 de enero de 2016

CONVOCATORIA CELGA

A Consellería de Educación acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia de hoxe, 7 de xaneiro, a Resolución pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis CELGA 1,2,3 e 4 para este ano 2016. 


A convocatoria vai dirixida ás persoas maiores de 16 anos, ou que os fagan antes de finais do ano 2016, nacionais ou estranxeiras.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada, e nas seguintes datas:
- Celga 4: 2 de abril de 2016.
- Celga 2: 3 de abril de 2016.
- Celga 3: 9 de abril de 2016.
- Celga 1: 10 de abril de 2016.

Os lugares concretos e o horario indicarase cando se fagan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas.

As persoas que desexen inscribirse nestas probas deberán formalizar a súa solicitude no modelo normalizado que se publica como Anexo I á Resolución e aboar a taxa que se indica na mesma.

A información detallada está recollida no DOG que se adxunta como enlace.

ASESORAMENTO Á COMUNIDADE EDUCATIVA



Entre as funcións da orientación educativa atópase a de informar e asesorar a toda a comunidade educativa sobre aspectos relacionados coa inserción laboral, as vías de enlace entre o mundo do traballo e os itinerarios educativos, a formación permanente, a información sobre convocatorias para a obtención de carnés, acreditacións, títulos, etc. 

Pois ben, este é un dos propósitos deste apartado, no que intentarei achegar información deste tipo á comunidade educativa do contorno.