miércoles, 25 de enero de 2017

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS.

No DOG do venres 12 de xaneiro, a Consellería de Educación publicou a Orde do 28 de decembro de 2016 polo que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
Este é o enlace á orde:


Coa implantación das novidades da LOMCE, agora hai acceso directo dos ciclos de FP Básico aos ciclos de Grao Medio, e destes aos ciclos de Grao Superior.

Polo tanto, os requisitos para presentarse ás probas son:
  • Ter 17 anos ou cumprilos ao longo do ano 2017 para presentarse ás probas de acceso a grao medio.
  • Ter 19 anos ou cumprilos ao longo do ano 2017 para presentarse ás probas de acceso a grao superior.
Acceso ao calendario de desenvolvemento das probas:
 

SABELA NÚÑEZ SINGALA NA NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR.

O venres 20 de xaneiro tivemos a sorte de contar coa visita da autora de "O agasallo de Anya", Sabela Núñez Singala, no noso Instituto. A actividade foi organizada polo equipo da Biblioteca coa colaboración do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística para o alumnado do Club de lectura.

 Foi unha xornada moi agradable onde a autora desta preciosa historia de solidariedade, contounos como foi todo o proceso de elaboración do libro e as viaxes que fixeron a Ucraína para coñecer de primeira man a situación de moitos nenos e nenas que viven en orfanatos.

Aquí quedan unhas imaxes para lembrar esta xornada.

Grazas, Sabela!!