domingo, 27 de noviembre de 2016

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NO IES DO CAMIÑO


O venres 25 de novembro celebramos no noso IES o día contra a violencia de xénero con tres actividades:
  • Charla-obradoiro sobre igualdade por parte do psicólogo do CIM do Concello de Palas de Rei para o alumnado de 3º e 4º ESO, de FP Básica, e de 1º e 2º de BAC.
  • Exposición dun mural con fotos do alumnado e do profesorado con carteis sobre o seguinte lema: "Se eu fose un home...", "Se eu fose unha muller...", en galego, inglés, francés e castelán.
  • Recital de poemas sobre esta temática, tamén nos catro idiomas: galego, inglés, francés e castelán.
Todas estas actividades foron organizadas polo EDNL, Biblioteca e Departamento de Orientación, coa colaboración do CIM do Concello.
Aquí vos deixo unha imaxes, tanto do obradoiro como da exposición.


  
 
Agradecer especialmente a boa disposición do alumnado que colaborou de bo grado coa redacción dos lemas e coa realización das fotografías.



 Estas son algunhas das fotografías que logo foron expostas no mural...

E estes son algúns dos lemas...
  • ... je pourrais mieux comprendre comment un doit aimer une femme.
  • ... daríame vergoña pegar.
  • ... I would share housework.
  • ...plantaría cara a todos los machistas.   
Aquí vos deixo o enlace ao facebook do IES, onde podedes ver tamén o vídeo que se gravou sobre o recital de poemas:

sábado, 19 de noviembre de 2016

PROGRAMA TEI NO IES DO CAMIÑO.

No IES do Camiño de Palas de Rei, na provincia de Lugo, levan xa tres años implementando o programa "Titoría Entre Iguais" con resultados moi positivos. Este programa consiste en que o alumnado de 3º da ESO titoriza ao alumnado que chega novo ao centro en 1º para axudarlle na súa integración e poder evitar o aillamento, a falta de integración e, sobre todo, o acoso escolar. Este curso son eu a orientadora deste centro e colaboro coa coordinadora de convivencia e co director en todo o relativo a este programa e a boa marcha da convivencia no centro.

Neste primeiro trimestre, e despois de facer a formación para o alumnado de 3º e dar a información ao alumnado de 1º, fixemos entrega dos diplomas e os carnés aos titores e titoras. No mesmo acto procedimos a facer a asignación entre titores e titorandos. A primeira actividade foi unha pequena entrevista que tiveron que facerse por parellas para empezar a coñecerse mellor.


O programa continuará ao longo do curso coas titorías informais e as reunións formais que cada mes celebraremos, así como coas avaliacións trimestrais.



Titores e titorando cos coordinadores do programa