martes, 28 de junio de 2016

TRABALLANDO A TOLERANCIA DESDE A CULTURA CLÁSICA.


É notorio, no Sistema Educativo español, a aparición, nos últimos años, de temas como "multiculturalismo" o "interculturalismo", asociados ás novas necesidades nadas das recientes inmigracións. Isto implica propoñer a realización duns valores básicos extensibles a toda a comunidade.
Por isto, parte dos obxectivos primordiais da materia de "Cultura Clásica" son:
- O pleno desenvolvemento da personalidade do alumno.
- A formación no respecto dos dereitos e liberdades fundamentais no exercizo da tolerancia e a liberdade dentro dos principios democráticos de convivencia.
- A adquisición de hábitos intelectuais e técnicas de traballo, así como de coñecementos científicos, técnicos, humanísticos, históricos e estéticos.
- A formación para a paz, a solidaridade e a cooperación entre os pobos.
- Os principios de neutralidade ideolóxica e o respecto por todas as opcións relixiosas e morais.

- Formarse unha imaxe axustada de si mesmo, das propias características e posibilidades, para desenvolver un nivel de autoestima que permita encauzar dunha forma autónoma e equilibrada a propia actividade, e valorar o esforzo e a superación das dificultades.

- Relacionarse coas outras persoas e participar en actividades de grupo, adoptando actitudes de flexibilidade, solidaridade, interese e tolerancia, para superar inhibicións e prexuízos, e rexeitar todo tipo de discriminacións debidas á idade, o sexo e a diferenzas de carátcer físico, psíquico, social e outras características personais.
- Analizar os mecanismos e valores que rexen o funcionamento das sociedades, que lle permitan elaborar xuízos e criterios persoais, e actuar con autonomía e iniciativa na vida adulta.



- Coñecer as crenzas, as actitudes e os valores básicos da nosa tradición e do noso patrimonio cultural, valoralos criticamente e escoller aquelas opcións que favorezan máis o desenvolvemento integral como persoas.

Mediante estes obxectivos, os alumnos e alumnas da materia de "Cultura Clásica", deben adquirir os conceptos, as habilidades, as actitudes e os valores que conduzan á autonomía individual, á construción da propia personalidade e a un autoconcepto positivo, para que sexan capaces de asumir os seus deberes e exercer os seus dereitos.
Buscouse este planteamento nun modelo aberto e flexible, que tivera en conta ao individuo, ás súas características persoais e á sociedade á que pertence.

No hay comentarios:

Publicar un comentario