viernes, 18 de diciembre de 2015

VISITA A UNITOUR 2015

O noso alumnado de Bacharelato, acompañado de catro profesoras (Begoña Centoira, Ana Acosta, Hortensia Blanco e María Díaz) acudiron o pasado mércores 16 de decembro, ao salón Unitour, onde puideron visitar os stands das diferentes universidades públicas e privadas de España, entre elas, as tres galegas. Alí déronlles información sobre estudos de grao, becas e axudas ao estudo, intercambios, residencias estudantís e todo aquelo sobre o que quixeron informarse, ademáis de recoller dita información en trípticos e carpetas. 
Ademais, os alumnos e alumnas dedicaron uns minutos a cubrir unha enquisa e así déronlles a oportunidade de participar na rifa dunhas becas universitarias de cara ao próximo curso.
Esperamos que algún dos nosos sexan os afortunados!!

Este é o enlace para ver a páxina web do salón Unitour:
http://www.unitour.es/consigue-tu-beca.htm

Quero desde aquí dar as grazas aos rapaces e rapazas do noso centro polo excelente comportamento que tiveron ao longo da xornada; e tamén amosar o meu agradecemento ás tres compañeiras que me acompañaron na actividade.
Feliz Nadal!
Vémonos á volta.
María.

lunes, 14 de diciembre de 2015

RECUNCHO DE CITAS PARA REFLEXIONAR

Reflexionar e meditar é algo moi importante para crecer como persoas. Moitos personaxes (homes e mulleres) deixáronos grandes reflexións que, moitas veces, por moitos anos que pasen, seguen estando vixentes.
O Departamento de Orientación do IES de Curtis dispón dun recuncho de citas para reflexionar. Gustaríame que toda a comunidade educativa participase e engadise a súa achega a este recuncho.
Estas son as citas que estiveron colgadas durante este primeiro trimestre; espero as vosas achegas:


  • "Tell me, I'll forget. Show me, I'll remember. Involve me, I'll understand". Chinese Proverb.
  • "É posible conseguir algo despois de tres horas de pelexas, pero é seguro que se poderá conseguir con apenas tres palabras impregnadas de afecto". Confucio.
  • "O lugar das mulleres en cada sociedade, marca o nivel de civilización da mesma". Elizabeth Caby Stanton.
  • "Calquera pode enfadarse, iso é algo moi sinxelo. Pero enfadarse coa persoa adecuada, no grao exacto, no momento oportuno, co propósito xusto e do modo correcto, iso, certamente, non resulta tan sinxelo". Aristóteles en "Ética a Nicómaco".
Por certo, a cita en Inglés foi unha achega de Luisa, a profesora de Inglés.

VALORACIÓN DOS OBRADOIROS DE GLORIA SERRATO

Como xa vos comentaba, o pasado venres 4 de decembro, Gloria Serrato estivo connosco para impartir un obradoiro sobre a exposición "Cartas de amor" ao noso alumnado de 1º de Bacharelato. Como foron eles e elas os implicados, non comento nada máis e déixovos as súas reflexións e valoracións.
IES 

VALORACIÓN SOBRE O OBRADOIRO “CARTAS DE AMOR”
REALIZADO O DÍA 4 DE DECEMBRO DE 2015


ESTE CUESTIONARIO É ANÓNIMO. SÓ NECESITAMOS QUE NOS DIGAS SE ES RAPAZ OU RAPAZA.
POR FAVOR, CÚBREO CON SERIEDADE. SE HAI ALGO QUE NON QUEIRAS CONTESTAR, DÉIXAO EN BRANCO.

CURSO: 1º BAC                                                       25 HOMES                              30 MULLERES



MOI BEN
BEN
REGULAR
MAL
Cal foi a túa impresión sobre o obradoiro?
12
40
2
1
Cres que realmente fai falta tratar estes temas?
43
9
4

Como valoras a intervención de Gloria, a poñente?
25
26
4

Cal foi o teu nivel de motivación ao longo do obradoiro?
2
36
16
2
Cal foi o teu nivel de participación ao longo do obradoiro?
3
16
29
8


Cres que aprendiches algo novo sobre as relacións afectivas que se establecen entre vós nestas idades?
MULLERES:
·         Si.
·         Si, porque hai actuacións que se asumen como se fosen normais, pero en realidade non o son.
·         Si, porque aprendemos que hai cousas que aínda que non nolo pareza, facémolo mal.
·         Si, que hai que ter máis coidado nas relacións.
·         Si, decateime de que o traballo da muller está menos valorado que o do home, e iso segue sendo así. Hai moitos rapaces da nosa idade que seguen sendo machistas e crense os xefes de todo.
·         Si, que debemos mellorar o trato con uns e outros e non cambiar de forma de ser polo sexo que sexa.
·         Si, aprendín que o amor non é violencia, senón que é demostrar a túa confianza a outra persoa.
·         Si, que o amor non o é todo nunha parella, tamén ten que haber confianza e moito respecto un cara ao outro.
·         Si, aprendemos moitas cousas sobre como tratar aos demáis e tamén reflexionamos sobre erros que cometemos moitas veces, a maioría delas de forma inconsciente.
·         Si, aprendemos moitas cousas sobre como tratarnos entre nós ou como tratar á parella e como respectarnos.
·         Si, que ti non dependes da túa parella para vivir (2).
·         Si, que se un rapaz intenta controlarte ou mandar en ti, debes deixar esa relación.
·         Si, que debes ser libre nunha relación, o amor non significa que quedes sen liberdades.
·         Si, aprendín as diferentes formas de maltrato.
·         Si, aprendín que non se poden tolerar certas actitudes que nos fan dano, por moi mínimo que sexa o mal que nos fan sentir.
·         Si, o que é o amor e o que podemos esperar. Que non existen medias laranxas.
·         Creo que a nosa idade son moi importantes as relacións, xa que nos marcarán para o resto da vida.
·         Penso que é necesario que se fale disto e gústame que se faga. Máis que aprender cousas novas, precisei coñecementos sobre o tema.
·         Si, sobre todo a ter claro que cada un decide por si mesmo.
·         Si, xa que non debemos depender de ninguén nin estar obrigados a que teña mandato sobre nós.
·         Si, que non nos debemos deixar controlar por outras persoas.
·         Si, aprendín a que temos que estar cos ollos máis abertos e darnos conta de cando alguén nos quere controlar antes de que poida chegar á violencia.
·         Si, puiden aprender as situacións que poden vivir algunhas rapazas.
·         Si, aprendín que temos que ser máis independentes e que se alguén nos quere controlar, debemos evitalo.
·         Ningunha novidade.
·         Non (2).
·         Non, xa que en anos anteriores asistimos a charlas deste tipo, pero paréceme un tema moi interesante.
·         Non, xa sabía toto, eran cousas básicas sobre o que un xa está informado.
HOMES:
·         Si (2).
·         Si, sempre se aprende algo novo, pero case todo o sabía.
·         Si, sempre se aprende algo novo todos os días.
·         Si, temos que dar máis liberdade ás nosas parexas.
·         Si, algo máis aprendín (2).
·         Si, moitas cousas que non serven para nada.
·         Si, porque hai cousas das que non te das conta.
·         Si, servíume de gran axuda.
·         Si, axudoume a entender moitas cousas.
·         Creo que si, para isto estivo ben a actividade, porque fíxonos ver a realidade social na que vivimos.
·         Si, xa que estes datos axudan a valora como se produce o tema a realizar. Tamén axuda a saber, nunh pequena parte, como relacionarse coa demais xente para poder ter unha relación coa outra persoa.
·         Si, pero a maioría das cousas que dixo xa as sabía (2).
·         Si, por exemplo a manter a intimidade das persoas, a non ser violento.
·         Si, sempre hai que respectar, tamén que debemos ser máis independentes e non facer caso ao mito da “media laranxa”.
·         Non (2).
·         Non, estas conferencias e obradoiros están ben, pero creo que as persoas que padecen estas situacións non se dan de conta moitas veces, e as charlas non son as solucións.
·         Non, falouse sobre cousas que xa sabía (2).
·         Non, xa nos informaron antes.
·         Non, pois eu xa estiven nun taller igual que o exposto neste.
·         Non, xa que as cousas dadas nesta charla xa eran coñecidas ao ser un tema actual no que se fai moito fincapé.

Cres que tes            que modificar en algo a túa actitude respecto ás relacións interpersonais entre mozos e mozas?
MULLERES:
·         Si (1).
·         Si, debemos usar outros términos para tratar e responderlles aos compañeiros.
·         Si, xa que, aínda que sexa de broma, non debemos insultar ao amigo ou amiga cando queremos dirixirnos a el ou ela, porque lle pode molestar ou podemos facer que se sinta mal. Debémolo evitar.
·         Si, que a violencia non se pode coar no amor.
·         Creo que debo ser eu mesma e non cambiar por ter un mozo, porque se non son eu mesma, non estarei con total comodidade e ao final arrepentireime.
·         Nalgúns aspectos pode que si, aínda que xa se intenta levar o mellor posible.
·         Non (11).
·         Non, porque as rapazas de agora temos outra mentalidade e non deixamos que os homes manden tanto en nós como era antes.
·         Non, porque nos enamoramos de verdade e cando estamos enamorados non existe outra persoa e non a controlamos.
·         Non, porque nós namorámonos de verdade, e cando se ama de verdade a unha persoa, non se lle fan esas cousas.
·         Non, considero que adopto unha postura correcta, sei onde están os límites e non deixo que ninguén me atrape.
·         Non, eu creo que a miña actitude ante este tema é a adecuada (2).
·         Non, penso que actúo como é debido, todo correcto (3).
·         Non, está todo correcto. Ao saber xa todo isto, xa sei como comportarme fronte a esas situacións.
·         Non, porque a min ninguén me controla.
·         Non, porque a verdade é que xa era consciente desta situación.
·         Non, porque eu xa non deixo que me controlen, nin que me digan o que teño que facer, como vestir,...
HOMES:
·         Si.
·         Si, pero farase con tempo en toda a sociedade, paseniño, pero firmemente.
·         Si, as nosas palabras afectan e poden prexudicar aos que nos rodean.
·         Un pouco, creo que todo se pode mellorar, especialmente neste ámbito.
·         Pode que poida modificar algunha actitude que poida facer sentir mal a algunha persoa, pero non creo que sexa grave a actitude.
·         Non, porque eu cas mozas (e con todos) pórtome ben e non son deses que lles pegan ás mulleres. Algúns claro que tiñan que cambiar a actitude respecto ás relacións.
·         Non (8).
·         Non, creo que está ben.
·         Non, non me considero machista.
·         Non, creo que a miña actitude é bastante boa.
·         Non, eu creo que trato de igual maneira ás persoas de ambos sexos (2).
·         Non, porque eu son moi bo novio e tratámonos moi ben en todas as relacións.
·         Non, non me vin identificado con ningún destes actos para nada.
·         Pola miña parte non, xa que eu penso que me comporto dunha maneira adecuada coas demáis persoas da miña idade, menores e maiores.
·         Non, porque non teño nada que modificar.
·         Non, teño unha actitude pasiva.
·         Non, eu creo que non, xa que actúo con responsabilidade.





MOITAS GRAZAS POLA TÚA COLABORACIÓN

domingo, 6 de diciembre de 2015

FOTOGRAFÍAS DA EXPOSICIÓN "CARTAS DE AMOR"










A exposición foi inaugurada pola directora do CIM e a concelleira de educación e igualdade do Concello de Curtis. Un grupo de alumnos e alumnas de FP Básica e de 2º da ESO leron uns poemas sobre esta temática, actuación que fixeron estupendamente a pesar dos nervios. Agradecémoslles moito a súa participación e ilusión!

EXPOSICIÓN "CARTAS DE AMOR"



Nos centros educativos non se transmiten so contidos culturais, senón que son institucións onde os nosos mozos e mozas aprenden a vivir e convivir en sociedade. É aquí onde se aprenden valores relacionados coa convivencia pacífica e tolerante, valores como a empatía e a asertividade, o respecto pola diferencia, e onde aprenden tamén habilidades sociais para solucionar os conflitos a través do diálogo. Nunha sociedade onde hai influencias tan diversas, unhas tan positivas e outras non tanto, a escola ten que ser, hoxe máis que nunca, un lugar onde se aprenda a convivir nunha sociedade democrática.
Esa é a razón de ser de todas as actuacións que se fan como actividades complementarias nos centros educativos.
No IES de Curtis tivemos a sorte este curso de gozar da exposición “Cartas de Amor” (promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade), 15 debuxos de 15 artistas que pretenden facer reflexionar aos adolescentes sobre a existencia de violencia na súa forma de relacionarse. 
Tamén tivemos a sorte de contar con Gloria Serrato, asesora en temas de coeducación e autora da unidade didáctica que acompaña a exposición, que realizou un obradoiro cos nosos alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato.
Houbo algún profesor e profesora que aproveitaron a oportunidade para traballar co alumnado as distintas fotografías e os lemas que as acompañan.
É esta unha temática que non nos cansaremos de traballar desde o Departamento de Orientación, xa que pensamos que moitas veces as relacións interpersonais están baseadas en prexuízos e ideas preconcibidas que nada teñen que ver coa igualdade e o respecto.

2ª VALORACIÓN DOS OBRADOIROS

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
IES DE CURTIS

VALORACIÓN SOBRE O OBRADOIRO DA CRUZ VERMELLA
REALIZADO O DÍA 25 DE NOVEMBRO DE 2015


ESTE CUESTIONARIO É ANÓNIMO. SÓ NECESITAMOS QUE NOS DIGAS O CURSO NO QUE ESTÁS ESCOLARIZADO E SE ES RAPAZ OU RAPAZA.
POR FAVOR, CÚBREO CON SERIEDADE. SE HAI ALGO QUE NON QUEIRAS CONTESTAR, DÉIXAO EN BRANCO.



20
 


CURSO: 4º ESO e 2º FP Básica                   11   HOMES                           20     MULLERES




MOI BEN
BEN
REGULAR
MAL
Que che parece que se traten estes temas no instituto?
22
7

2
Cres que realmente fai falta tratar estes temas?
19
9
3
2
Que che pareceu a intervención dos voluntarios?
18
9
3

Como valoras o material audiovisual empregado por eles?
7
15
7
2
Que valoración farías sobre a claridade das exposicións?
11
13
7

Cal foi o teu nivel de motivación ao longo do obradoiro?
8
16
3
3
Cal foi o teu nivel de participación ao longo do obradoiro?
5
7
15
4
TOTAL
90
76
38
13
Cres que aprendiches algo novo sobre esta temática? Se a túa resposta é positiva, anota a continuación o que aprendiches (información, novas actitudes para poñer en práctica a partir de agora, etc.).