martes, 13 de diciembre de 2016

VALORACIÓN DO OBRADOIRO DO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Esta é a valoración que o noso alumnado de 3º e 4º da ESO, 1º de FP Básica, e 1º e 2º de Bacharelato, fixeron sobre o obradoiro que tivemos o 23 de novembro co motivo da celebración do día contra a violencia de xénero, impartido por Daniel, psicólogo do CIM de Palas de Rei. Paréceme interesante facer a valoración por sexos:

- Valoración das mulleres (30 alumnas):
  • Cal foi a túa  impresión sobre o obradoiro? 
Moi ben: 36,6%        Ben: 56,60%        Regular: 6,60%
  • Cres que realmente fai falta tratar estes temas?
Si: 100%
  • Como valoras a intervención de Daniel, o psicólogo?
Moi ben: 30%          Ben: 43,30%          Regular: 20%            Mal: 6,6%
  • Cal foi o teu nivel de motivación ao longo do obradoiro?
Moi ben: 13,33%    Ben: 66,60%          Regular: 20%
  • Cal foi o teu nivel de participación ao longo do obradoiro? 
Moi ben: 3,30%      Ben: 53,30%          Regular: 43,33% 
  
Cres que aprendiches algo novo sobre as relacións afectivas? 
Si: 70%        Non: 30%
A maioría das cousas son de sentido común e como muller, a maior parte de actitudes machistas, ou ben me chocan, ou ben xa as coñezo (non de maneira persoal).
Aprendín a saber cales son outras actitudes que un maltratador pode ter contigo e ti non sabes.
Xa sabía sobre este tema.
Xa sabía que nas relacións ten que haber respecto, confianza, liberdade, etc.
Hoxe en día temos que ter valor para denunciar un maltrato.
Sempre se aprende moito cando nos veñen dar unha charla, sobre todo de violencia de xénero.
Considero que todo do que falamos xa mo mencionaran antes.
Creo que, máis ou menos, tiña todo claro.
Aprendín que non sempre unha relación de afecto é boa para os participantes nela; existen relacións tóxicas que son moi perigosas e problemáticas.

Cres que tes que modificar en algo a túa actitude respecto ás relacións interpersonais entre mozos e mozas?
Si: 10%        Non: 90% 
Creo que non; ca miña parella teño unha boa relación, aínda que nunca falta iso de berrar, non houbo nunca nada máis alá diso, entendémonos sempre ben.
Estou bastante concienciada sobre este tema.
Eu respecto e trato por igual a un rapaz ou a unha rapaza, respecto as súas opinións, que non me parecen mellores ou peores que as miñas.

Que foi o que máis che gustou?
Os vídeos publicitarios e a súa análise (30%).
Os anuncios sexistas ou machistas.
Os vídeos das marcas coñecidas, que se recoñecera que foran machistas.
Tratar o tema das discriminacións.
Que ensinaba que homes e mulleres temos todos os mesmos dereitos.
O tema en xeral, foi moi interesante.
Todo ben.
A demostración dos anuncios machistas.
A presentación.
Cando puxo os vídeos e nós tivemos que participar.
O tema de por si só é interesante e penso que é algo necesario porque iso ten que ir inculcado nas persoas.
O que máis me gustou foi a explicación clara que deu acerca de cada unha das cousas que tratou de explicar.
En si gustoume bastante o tema do que se falou; quizais me gustaría que se lle dera máis importancia e non só se falase nunha semana antes do día contra a violencia de xénero.

- Valoración dos homes (40 alumnos):
  • Cal foi a túa  impresión sobre o obradoiro? 
Moi ben: 35%            Ben: 55%                Regular: 5%                  Mal: 5%
  • Cres que realmente fai falta tratar estes temas?
Si: 90%                      Non: 10%
  • Como valoras a intervención de Daniel, o psicólogo?
Moi ben: 47,5%          Ben: 42,50%          Regular: 2,50%            Mal: 7,50%
  • Cal foi o teu nivel de motivación ao longo do obradoiro?
Moi ben: 17,50%        Ben: 45%              Regular: 32,5%              Mal: 5%
  • Cal foi o teu nivel de participación ao longo do obradoiro? 
Moi ben: 15%              Ben: 30%              Regular: 35%                 Mal: 20% 

Cres que aprendiches algo novo sobre as relacións afectivas? 
Si: 82,50%        Non: 17,50%
Algunha cousa sobre o que hai detrás de películas como as de Disney.
Aprendín como reaccionar cando hai violencia.
Aprendín moito.
Non aprendín nada.
Que hai que respectar.
Diversos factores que antes non tiña moi en conta.  

Cres que tes que modificar en algo a túa actitude respecto ás relacións interpersonais entre mozos e mozas?
Si: 7,50%        Non: 92,50%
Só en caso de que note violencia por parte de calquera parella.
Sempre se pode mellorar.
Non sei.
Non, todo correcto.
Non, a verdade, sempre actuei dun xeito respectuoso.
Intentar mellorar todo o posible para non cometer erros.

Que foi o que máis che gustou?
Todo (25%).         Nada (5%).
Os vídeos (17,50%).
A charla en xeral.
As explicacións que deu Daniel sobre a violencia de xénero.
Opinar sobre os diferentes mitos.
Que Daniel nos fixo participar e comentamos os vídeos.
Os vídeos, porque eran moi graciosos.
A boa dinámica e a boa presentación.
A forma como explicou o psicólogo. 
Que o chico era agradable.
O psicólogo. 
A charla e a forma de falar do psicólogo.
Gustoume moito que non só falara o psicólogo, senón que interactuara con todos nós.
Que participásemos no obradoiro e que non fose un monólogo.
A análise dos anuncios sexistas.
A participación de todos. 
O que máis me gustou foi que aprendimos algo sobre estes temas que son importantes para o noso futuro.
Que perdemos clase e ensinounos moitas cousas.