martes, 24 de marzo de 2020

Orientacións EOE CORUÑA

ESTRATEXIAS DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Enlaces para traballar nas diferentes etapas.

Desde o Departamento de Orientación do CPI de San Sadurniño, queremos aportar actividades e recursos para facer máis levadero este tempo na casa e, ao mesmo tempo, axudar ao desenvolvemento académico e persoal dos nosos alumnos e alumnas.

A continuación aparecen unha serie de enlaces para traballar desde casa, non tanto contidos curriculares, que eses xa os están a traballar co profesorado do centro, se non para traballar dunha forma lúdica e interactiva, aspectos que están na base de calquera aprendizaxe, os chamados aspectos cognitivos básicos, como a atención, a percepción, a memoria,.... Durante todos estes días de confinamento, seguiremos achegando recursos:
Enlace á páxina web do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, onde podedes atopar a axenda para adolescentes confinados: (actualizado a 15 de abril de 2020):

https://copgalicia.gal/pdf/axenda-para-adolescentes-confinados


Enlace á páxina web da "Cruz Roja", onde podedes descargar unha guía moi útil para estes días: (actualizado a 14 de abril de 2020)

https://www2.cruzroja.es/imagina-con-cruz-roja 

Atención psicolóxica para toda a poboación: (actualizado a 06 de abril de 2020)

https://copgalicia.gal/novas/xeral/servizo-de-atencion-psicoloxica-traves-do-112-para-toda-poboacion-pola-emerxencia 

Para traballar a atención e a concentración:

Para traballar a conciencia fonolóxica:
Apps:



Atención y memoria
-          Mole mole.
-          Comida para niños.
-          Lumosity.
-          Memorama.
-          Sopa de letras.
Puzzles
-          Peg puzzle.
-          Rompecabezas mágicos.
-          Mis primeros tangrams.
-          Puzzle me. 1,2.
-          Animal Puzzles.
Dislexia
-          Galexia.
-          Piruletas.
-          Dytective.

Xogos de mesa: Ademais de ser xogos tradicionais, favorecen a cohesión e a relación interpersoal, axudan a solucionar os conflitos se se poñen unhas regras que todos e todas debemos cumprir, favorecen a empatía e permiten que se solidifiquen as relacións familiares, sendo moi importantes, sobre todo, para os nenos e nenas pequenas; pero por enriba de todo, permiten pasar un bo rato en familia lonxe das pantallas dos video-xogos, televisión, ordenadores, etc.


  • Parchís.
  • Oca.
  • Tres en raia.
  • Cartas.
  • Damas.
  • Ajedrez.
  • Backgamon. 
  • Dominó.
  • Torre de colores.
  • Xogo da escaleira.
  • Mikado.
  • A variedade de xogos de "UNO".
  • Crucigramas, sopas de letras, solitarios, non son xogos en equipo, pero tamén favorecen o desenvolvemento de capacidades cognitivas.
  • E un longo etcétera para poder pasar un rato entretidos e aprendendo, non son habilidades cognitivas, senón tamén sociais.
Para traballar a atención en Secundaria



Para a orientación académica e profesional en Secundaria



martes, 17 de marzo de 2020

Día da muller.

A semana do 2 ao 8 de marzo celebramos o día da muller. Ademais de actividades que se levaron a cabo na hora de titoría, o alumnado, baixo a coordinación da profesora de Xeografía e Historia (Marta), fixeron un traballo de búsqueda de información sobre mulleres relevantes na historia; logo fixeron murais adaptados ao tamaño das escaleiras para poder colocalos nunha exposición que quedara todo o curso.


 

Plan Director

Tamén durante este segundo trimestre tivemos as charlas do Plan Director. Esta vez foi unha muller guardia civil (Sara) a que veu ao centro a impartir estas charlas ao noso alumnado, que este ano decidimos que fora sobre riscos e perigos en internet para 6º de Primaria, e 1º e 2º da ESO.



 




Día da paz.

E o 30 de xaneiro celebramos o día da Paz, aproveitando para facer unha actividade conxunta entre as tres etapas que se imparten no noso centro. Todos os grupos fixeron parte dunha canción que logo se cantou no ximnasio e se leron uns poemas. Non se trata só de entender a paz como ausencia de guerra, senón como un estado de convivencia pacífica, de respecto mútuo entre todos e todas, e ese é o obxectivo das actividades que se propón para este día, e no día a día do noso centro.




Obradoiros de habilidades sociais

Este curso, como os cursos anteriores, contamos con Rosi, de ASFEDRO para impartir obradoiros de habilidades sociais aos nosos alumnos e alumnas. Este ano priorizamos os obradoiros en 5º de Primaria e en 1º e 3º da ESO, xa que son os cursos onde estamos tendo máis problemas de relacións interpersoais.




 Practicando, a través de metodoloxías activas e cooperativas, valores como a empatía,....


 ..... o respecto, a tolerancia, a asertividade, o compañerismo,....