martes, 2 de julio de 2019

ACTIVIDADES LEVADAS A CABO DESDE A ÁREA DE HISTORIA.

A profesora de Historia, Marta Díaz Tie, involucrada no Proxecta, realizou varias actividades co alumnado da ESO desde a área de Historia, entre outras:
  • Traballo sobre as mulleres na Historia: "Sufragistas", Mary Wollstonecraft, Clara Campoamor.
  • Discurso de Cortes.
  • O papel da muller na 2ª Guerra Mundial.
  • A sección feminina da "Falange".
   


TRABALLOS REALIZADOS DESDE AS ÁREAS DE LINGUA CASTELÁ E ORATORIA.

A profesora Pilar Charlón Redondo, involucrada no Proxecta, traballou a temática da igualdade e a prevención da violencia de xénero con distintas actividades ao longo do curso, entre elas:


AVALIACIÓN INICIAL

A avaliación inicial de 2º, 3º e 4º de ESO en  Lingua castelá tiña como texto para analizar a canción La puerta violeta, de Rozalén; os alumnos debían recoñecer o tema, o argumento e os recursos literarios utilizados na canción pero, ademáis, na seguinte sesión adicamos toda a clase a desentrañar o verdadeiro sentido do texto e a simboloxía e a realizar un pequeño debate acerca da violencia machista.

ORATORIA

Durante o curso tratamos o tema da igualdade de xénero de diferentes formas:

- Fixemos unha tertulia informal con moderador para falar do Reparto das tarefas domésticas nas familias (entre os pais, pero tamén entre os avós)

- Realizamos un debate sobre Os trastornos da alimentación e analizamos algunhas das causas como a o rol da muller na moda, na publicidade e, en definitiva, na sociedade.

- Os alumnos fixeron un discurso inspirador no que tiñan que falar duha muller que fora importante na sua vida.

LINGUA CASTELÁ  2º ESO

Para traballar o Conto literario e os elementos da narración, limos varios contos de Emilia Pardo Bazán e aproveitamos a ocasión  para reivindicar a figura da escritora visionando fragmentos da película A condesa rebelde, de Zaza Ceballos.

LINGUA CASTELÁ  4º ESO

Cando explicamos o tema do Realismo e Naturalismo, limos o conto de Las medias rojas, de Emilia Pardo Bazán e logo debatimos o papel da muller no século XIX e no XXI.

TRABALLOS DE TECNOLOXÍA NA ESO


 A profesora de Tecnoloxía, Teresa Vispalia Blanco, involucrada no Proxecta, traballou durante todo o curso con diferentes actividades relacionadas coa temática da igualdade, visibilizando o papel da muller no mundo da Tecnoloxía.

 Ademais dos power point traballados, o alumnado de 2º ESO fixo un traballo que quedou exposto no centro sobre as mulleres inventoras, para celebrar o 9 de novembro:




HOY ES EL DÍA DE LAS PERSONAS QUE INVENTAN:
El Día internacional de las personas que inventan productos tecnológicos para facilitarnos la vida, se celebra el 9 de noviembre, en honor de la actriz e inventora Hedy Lamarr, creadora del espectro ensanchado, una técnica de modulación empleada en telecomunicaciones y precursora del wifi, del bluetooth y del GPS.
Así, que los alumnos y alumnas de tecnología de 2º E.S.O. han hecho unas presentaciones sobre las MUJERES INVENTORAS ESPAÑOLAS Y SUS INVENTOS, grandes olvidadas hasta hace poco en los libros escolares y en los demás, incluso el día de hoy en la red se encuentra más información sobre inventores que sobre inventoras, a pesar de la dificultad que tenían socialmente por la cultura en la que vivían.
Hoy, os mostramos dos de los trabajos hechos, uno de 2ºA y otro de 2ºB, pero todos están muy bien trabajados, ¡¡enhorabuena a todos!!



Enlace para ver os traballos:




TRABALLO DE TECNOLOXÍA: POWER POINT

ACTIVIDADES REALIZADAS DESDE A ÁREA DE TECNOLOXÍA: INVENTORAS ESPAÑOLAS

RECUNCHO DE LECTURAS NA BIBLIOTECA DO CENTRO.

Na biblioteca do centro organizouse este curso un recuncho de lecturas para a igualdade, comezando coa adquisición de varios libros, cómics e guías didácticas sobre esta temática, que se traballarán en vindeiros cursos académicos.

Entre os volumes adquiridos ou os que se adquirirán están os seguinte (ademais de outros que se irán adquirindo):
  • Tres cómics: "Sufragistas", "Todas estamos bien" e "Feminismo para principiantes".
  • "Historia das mulleres galegas" de Pepe Carreiro.
  • "Denébola a Rosa" de Héctor Cajaraville.
  • "Esmeraldina a pequena defunta" de Ledicia Costas.
  • "Sira e o robot" de Mark Wiersma e Miguel Mosqueira.
  • "Alaia e a deusa" de Tomás González  Ahola.
  • "Emilia Pardo Bazán, unha nena seducida polos libros" de María Xosé Queizán.
  • "A caixiña dos rancores" de Héctor Cajaraville.
  • "A cea das enaguas" de An Alfaya.
  • "As aventuras de Margaret White" de Manuel Moledo.


A finais de curso celebramos na biblioteca unha festa polo club de lectura e pola igualdade.



CARREIRA POPULAR A PROL DA IGUALDADE.

O CPI leva varios anos participando e coordinando actuacións co Concello de San Sadurniño para a celebración dunha carreira popular a prol da igualdade e en contra da violencia de xénero.

Nesta carreira están invitadas a participar todas as persoas do Concello e todas aquelas sensibilizadas e que entendan que a igualdade é o único camiño posible para unha sociedade xusta e democrática.

Este ano a carreira celebrouse o 26 de maio. No seguinte enlace pódese ver a nova no facebook do concello:

MESA DE COORDINACIÓN INTERINSTITUCIONAL DO CONCELLO.

A orientadora do centro formou parte, durante todo o curso escolar, da "Mesa de Coordinación Interinstitucional contra a violencia de xénero".

O obxectivo desta Mesa é traballar na prevención, eliminación e atención ante casos de violencia machista. 
Nela están representados todos os organismos do Concello: o propio Concello a través dos Servizos Sociais e a Concellería de Igualdade, a Garda Civil, o centro de saúde e o CPI.

Ademais das reunións trimestrais onde se fixeron achegas para seguir traballando a prol da igualdade, realizáronse tamén algúns cursos de formación, tanto para os membros da Mesa, como actividades para os habitantes do Concello.

No seguinte enlace pódense ver algún dos aspectos comentados nesta entrada:

ESCOLA DE FAMILIAS


A través de dúas circulares enviadas a todas as familias do centro, deuse publicidade ás distintas actuacións que durante este mes se levaron a cabo coas familias.

Unha delas foi a Escola de Familias no centro educativo.







Durante todos os xoves do mes de maio (entre as 15:30 e as 17:00 horas) a educadora de ASFEDRO acudiu ao centro a impartir charlas e obradoiros coas familias do alumnado que amosaron o seu interese e a súa dispoñibilidade.


As temáticas tratadas nestas sesións, cunha metodoloxía eminentemente activa e participativa, foron as seguintes: 
 
  • afecto e comunicación;
  • empatía, asertividade e resolución de conflitos;
  • educar no esforzo e na responsabilidade;
  • límites, normas, premios e castigos;
  • prevención de adiccións.

 A outra actividade foi unha charla para pais e nais organizada polo Concello dentro do programa "Suprime o Control". No seguinte enlace pódese ver a actividade organizada para o alumnado de Primaria, e a continuación, a noticia coa charla organizada para as familias:


A finalidade desta sesión é sensibilizar ás familias sobre a dimensión que ten o fenómeno da violencia de xénero entre a mocidade, así como facilitar coñecementos e pautas que contribúan a prestar unha maior atención a esta problemática.

lunes, 1 de julio de 2019

OBRADOIRO SOBRE A EXPOSICIÓN "CARTAS DE AMOR".

O 24 de maio Laura Vilaboy, educadora social, acudiu ao centro a impartir un obradoiro sobre a exposición "Cartas de Amor" aos dous grupos de 1º da ESO.


Foi unha actividade moi dinámica onde tiveron que analizar as diferentes imaxes e analizar máis aló do que en principio parece que queren transmitir.

Ao rematar a actividade, os alumnos e alumnas cubriron un cuestionario de satisfacción, onde aproximadamente o 90% do alumnado amosou a súa satisfacción co obradoiro e recoñeceron ter aprendido cousas, reflexionando sobre as súas propias experiencias.
Estas son algunhas das enquisas cubertas:





EXPOSICIÓN: CARTAS DE AMOR.

Do 14 ao 29 de maio tivemos a oportunidade de ter no noso centro a exposición "Cartas de amor: 15 artistas contra a violencia de xénero".


Esta mostra pretende establecer un paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella e a crueladade que, ás veces, vai asociadas a elas. Os autores das imaxes son varias e varios debuxantes galegos que pretenderon plasmar nunha imaxe situacións ou momentos que considerasen violentos entre adolescentes.




Os diferentes grupos da ESO, acompañados polos seus titores e titoras, traballaron coas distintas imaxes, guiados pola unidade didáctica que acompaña á exposición.