miércoles, 29 de junio de 2016

TRABALLANDO VALORES DENDE O DEPORTE EN EDUCACIÓN FÍSICA.

A asignatura de Educación Física ofrece unha plataforma perfecta para traballar todos os aspectos incluídos no Plan Proxecta.

Se facemos un repaso dos obxectivos xerais de etapa para Educación Física na ESO e no Bacharelato, podemos ver cantos deles contribúen a este valor:
  • Participar, con independencia do nivel de habilidades alcanzado, en xogos e deportes (convencionais, recreativos e populares), colaborando coa organización de campionatos, valorando os aspectos de relacións que fomentan e mostrando actitudes de tolerancia e deportividade.
  • Participar en actividades deportivas (convencionais e recreativas), cooperando cos compañeiros e valorando os aspectos de relación que aquelas supoñen.
En todas as Unidades Didácticas formuladas dende o Departamento de Educación Física se traballa como obxectivo didáctico a colaboración, a aceptación do nivel de execución propio e dos compañeiros e o respecto ás diferentes formas de afrontar unha actividade. Un exemplo moi claro son os deportes colectivos, nos que o resultado final depende da suma dos traballos de todo o grupo.

Todo o mundo entende que a asignatura de Educación Física ten unhas características especiais que facilitan o traballo da autoestima persoal, o respecto, a tolerancia, etc. É a única asignatura na que se emprega o corpo en conxunto, para o seu desenrolo, e que emprega o movemento para completar a formación do alumno. A distribución de espazos, a formación de grupos de traballo, a atención ao nivel de execución do alumnado é primordial e permite detectar e corrixir actitudes pouco respectuosas cara aos compañeiros, ou de falta de autoestima persoal. Sempre se comenta que as persoas non poden esconder a súa forma de ser e as súas actitudes nun xogo.

É importante estar atento e corrixir calquera actitude que suxira que se deixa de lado a un compañeiro por ser muller, por non ser hábil ou polo seu aspecto físico.

As actividades extraescolares e complementarias organizadas polo Departamento de Educación Física son un bo momento para incidir neste traballo. As rutas de sendeirismo, a semana na neve, o surf, a patinaxe no xeo, a visita ás instalacións deportivas de pádel ou outros deportes son, xunto coas sesións de aula, un momento perfecto para promover actividades de cooperación e para valorar as actitudes de axuda aos compañeiros e de respecto por un mesmo e polos demais.

martes, 28 de junio de 2016

TRABALLANDO VALORES DESDE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA.

Dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e dende as aulas de Lingua e Literatura Galegas, desenvolvéronse ao longo do presente curso académico distintas actividades que permitiron abordar contidos transversais. Dentro destes, tiveron especial relevancia os contidos de xénero, cun obxectivo claro: identificar estereotipos e desfacer prexuízos que provocan situacións de desigualdade.
Aínda que un bo número de propostas se aglutinaron ao redor do 25 de novembro e do 8 de marzo, as actividades sucedéronse ininterrompidamente e de maneira secuencial ao longo do curso, tal como ven de manifesto a relación que ven a seguir:

  • Iniciamos o curso coa divulgación das bases dos certames convocados polo Concello de Lalín e polo CIM de Burela.



  • Fomentouse a participación activa nos mesmos e nas aulas de 4º da ESO realizáronse tuits, microrrelatos e lemas que foron enviados a ambos os dous certames.
  • Achegouse información sobre o tema a partir dunha unidade didáctica contra a violencia de xénero que se realizara no centro no 2011.
  • Este curso elaborouse, asemade, unha unidade didáctica sobre o tratamento recibido pola muller no Refraneiro popular, e nas aulas de 1º de Bacharelato realizouse unha lectura e comentario de refráns co fin de evidenciar situacións de violencia física ou psicolóxica.
  • Divulgáronse as propostas realizadas polo Departamento de Orientación e Vicedirección, e nos grupos de 1º e 4º da ESO traballouse a exposición Cartas de Amor, a través do seu visionado e da unidade didáctica que nos facilitou a orientadora.
  • Divulgouse o XI Certame de narración curta do Concello de Curtis que nesta edición tiña como tema: "Supermulleres e Superheroínas". Participouse moi activamente no mesmo, enviando ao concurso uns 20 relatos seleccionados entre todos os realizados polo alumnado de 1º e 4º da ESO, e 1º de Bacharelato. Entre eles, descubrimos relatos moi bonitos que tiñan como protagonistas ás nais e ás avoas do alumnado.

  • O 8 de marzo realizouse un Especial Día da Muller Traballadora para o blog "Son de Noso":

  • Divulgouse a actividade "Memoria viva, palabras para o noso tempo", proposta polo Departamento de Orientación e fomentouse a participación activa entre o alumnado:
  • Outra data significativa foi o I Día do Audiovisual Galego do IES de Curtis, no que tiveron unha presenza destacada os contidos de xénero. Abordaban esta temática as seguintes proxeccións: "Conversa cunha muller morta", "A nena que tiña unha soa orella" e "1997", curtametraxe de Peque Varela na que unha rapaza, malia medrar con desprezos, consegue escapar do rol que a sociedade lle ten asignado. Proxectouse, ademais, "X nada", unha curtametraxe que mostra o resultado que pode ter nos adolescentes unha educación demasiado permisiva e sen un establecemento claro de normas. Os alumnos e alumnas de 3º de ESO tiveron un encontro coa realizadora e directora Marta Piñeiro no que asistiron á proxección (co posterior debate) de "Audiovisual e igualdade. Aprendendo a cambiar o conto". Posteriormente Marta realizou, para estes alumnos, un obradoiro de tres horas de duración destinado a ensinarlles a facer unha curta sobre esta temática. Os alumnos e alumnas de 2º de ESO asistiron a un obradoiro de guión impartido por Gero Costas con temática de xénero. Pero, ao longo do curso, realizamos moitas máis actividades que tiñan como obxectivo visibilizar o papel secundario que a sociedade lle atribuíu tradicionalmente ás mulleres e o deber de todos de cambialo. O blog (sondenoso) foi unha ferramenta útil para achegármonos ao alumnado e a través del ofrecémoslle distintos recursos.
  • Recensión crítica de curtametraxes que denuncian a violencia contra a muller.

  • Divulgación de lecturas que tentan mudar os roles establecidos: "Revista de fútbol feminino galego" e unha lectura imprescindible: "Masculino singular".
  •  Divulgación de campañas: "Eu respecto"; "Donas de si", traballo do ENDL do IES de Arzúa que convida á reflexión sobre os problemas de xénero; "Homes con saia", Fala Londres; "Non ao acoso", IES Marco de Camballón e Canto Ghalpón; o IES de Ponte Caldelas recolle sinaturas para que o ensino inclúa ás mulleres en todos os ámbitos de coñecemento.




  • Divulgación de novas relacionadas coa violencia de xénero.
  • Fomento da igualdade a través de concursos de cociña: Peperetadas e Máster Chef, Curtis.
  • Entrevistas a distintos especialistas de renome nas que, entre outras cuestións, se aborda o papel da muller nos espazos públicos: Antonio Mourelos (pregúntaselle polo papel da muller no mundo do audiovisual); Fina Casalderrey (abórdase nela a escasa presenza de mulleres escritoras na Real Academia Galega):

TRABALLANDO VALORES A TRAVÉS DA PUBLICIDADE NA MATERIA DE VALORES ÉTICOS.

Desde a materia de Valores Éticos, traballouse ao longo do curso o tema dos valores e a ética na publicidade a través dunha unidade didáctica elaborada pola profesora que imparte a materia.

Estes son os enlaces aos anuncios traballados na unidade:

Anuncio de Barbie:
https://www.youtube.com/watch?v=lsurSJ0X-Eg

Anuncio de Pizza Tarradellas:
https://www.youtube.com/watch?v=p1sQTClSBlQ

Anuncio Atún Claro Calvo:
https://www.youtube.com/watch?v=tMg017jUpbk

McDonalds Juntos:
https://www.youtube.com/watch?v=l6Y8PDHNkME
https://www.youtube.com/watch?v=GK6MYtqZzg4

Coca-Cola Familias:
https://www.youtube.com/watch?v=DOctwr5McJc
https://www.youtube.com/watch?v=HcjCzRCfnUs

Coca-Cola Siente el sabor:
https://www.youtube.com/watch?v=ZXKMQFWnQpY

Emma Le Trefle:
https://www.youtube.com/watch?v=RRDSj62tlvQ

Mercedes: David Muñoz:
https://www.youtube.com/watch?v=Pn0tD01Vbxk

Mercedes Maribel Verdú:
https://www.youtube.com/watch?v=RdzOtqgYJ6g

Paco Rabane:
https://www.youtube.com/watch?v=Q8lxGGx0R04

TRABALLANDO VALORES A TRAVÉS DA PUBLICIDADE NA MATERIA DE "VALORES ÉTICOS".

Unidade Didáctica- Publicidade e Valores

TRABALLANDO VALORES DESDE A AULA DE APOIO.

Desde as clases de reforzo e apoio que se realizan cos alumnos de 1º e 2º da ESO exentos da 2ª lingua estranxeira, estivemos a traballar, dentro do Plan Proxecta, con temas relacionados coa educación en valores.

Os alumnos e alumnas traballaron por parellas e recibiron material impreso onde se profundizaba sobre un determinado valor: honestidade, amizade, tolerancia, agradecemento, bondade, solidaridade e xustiza.

Os rapaces e rapazas tiveron que ler, debater e comentar en alto o seu valor, para despois facer un resumo ou unha presentación, ben nun texto (word, libreoffice,...) ou nun powerpoint.

Unha vez rematado o traballo, chegou o momento da posta en común, onde xurdiron debates moi interesantes, que sacaron á luz máis dunha contradicción, dúbida ou prexuízo.

Foi un traballo moi dinámico que axudou á resolución de conflitos na aula ou fóra dela, e tamén a promover o espírito cooperativo e crítico.

TRABALLANDO VALORES DESDE A AULA DE APOIO

Agradecimiento. Eva López

La Honestidad. Cristian y Rubén. 1º b

La Honestidad. Pilar y Olalla. 1ºa

La Libertad 1

La Libertad. Daniell y Jose Luis.1ºb

La Tolerancia. Estela y Noelia. 1º A

TRABALLANDO A TOLERANCIA DESDE A CULTURA CLÁSICA.


É notorio, no Sistema Educativo español, a aparición, nos últimos años, de temas como "multiculturalismo" o "interculturalismo", asociados ás novas necesidades nadas das recientes inmigracións. Isto implica propoñer a realización duns valores básicos extensibles a toda a comunidade.
Por isto, parte dos obxectivos primordiais da materia de "Cultura Clásica" son:
- O pleno desenvolvemento da personalidade do alumno.
- A formación no respecto dos dereitos e liberdades fundamentais no exercizo da tolerancia e a liberdade dentro dos principios democráticos de convivencia.
- A adquisición de hábitos intelectuais e técnicas de traballo, así como de coñecementos científicos, técnicos, humanísticos, históricos e estéticos.
- A formación para a paz, a solidaridade e a cooperación entre os pobos.
- Os principios de neutralidade ideolóxica e o respecto por todas as opcións relixiosas e morais.

- Formarse unha imaxe axustada de si mesmo, das propias características e posibilidades, para desenvolver un nivel de autoestima que permita encauzar dunha forma autónoma e equilibrada a propia actividade, e valorar o esforzo e a superación das dificultades.

- Relacionarse coas outras persoas e participar en actividades de grupo, adoptando actitudes de flexibilidade, solidaridade, interese e tolerancia, para superar inhibicións e prexuízos, e rexeitar todo tipo de discriminacións debidas á idade, o sexo e a diferenzas de carátcer físico, psíquico, social e outras características personais.
- Analizar os mecanismos e valores que rexen o funcionamento das sociedades, que lle permitan elaborar xuízos e criterios persoais, e actuar con autonomía e iniciativa na vida adulta.



- Coñecer as crenzas, as actitudes e os valores básicos da nosa tradición e do noso patrimonio cultural, valoralos criticamente e escoller aquelas opcións que favorezan máis o desenvolvemento integral como persoas.

Mediante estes obxectivos, os alumnos e alumnas da materia de "Cultura Clásica", deben adquirir os conceptos, as habilidades, as actitudes e os valores que conduzan á autonomía individual, á construción da propia personalidade e a un autoconcepto positivo, para que sexan capaces de asumir os seus deberes e exercer os seus dereitos.
Buscouse este planteamento nun modelo aberto e flexible, que tivera en conta ao individuo, ás súas características persoais e á sociedade á que pertence.

TITORÍA ENTRE IGUAIS.


Desde a área de Ciencias Naturais en 2º da ESO, preténdese favorecer unha metodoloxía activa e interactiva do alumnado que promova aprendizaxes significativos.



 Este tipo de metodoloxía favorece, así mesmo, o fomento dunha autoestima positiva e dun axeitado autocoñecemento por parte do alumnado.
Os resultados acadados foron moi positivos, tanto para o proceso de ensino-aprendizaxe como para o crecemento persoal e interpersoal do alumnado.

RECUNCHO DE CITAS PARA REFLEXIONAR.

Este trimestre tamén tivemos un montón de citas para reflexionar no noso recuncho, entre outras:
- Os directores xerais son contratados pola súa capacidade intelectual e pola súa experiencia comercial, e despedidos pola súa falta de intelixencia emocional.
- A calidade nunca é un accidente. Sempre é o resultado dun esforzo da intelixencia. (John Ruskin, 1819-1900)
- Co ben que se vive compartindo, ¿para que vou estar competindo? (Iñaki Zubizarreta, xogador de baloncesto).
- Unha persoa intelixente sempre se recupera dun fracaso; un necio, nunca supera un éxito.
Moitas grazas a todos e todas polas vosas achegas.

viernes, 17 de junio de 2016

XORNADA DE ACOLLIDA PARA O ALUMNADO DE 6º.


O pasado venres 10 de xuño, recibimos no noso IES aos alumnos e alumnas (acompañados das súas titoras) que o vindeiro curso se incorporarán en 1º da ESO ao noso IES. Estes rapaces, 26 en total, proceden dos CEIP,s adscritos ao centro, o CEIP de Teixeiro e o CEIP de Curtis.

Recibímolos no salón de actos a xefa de estudos e a orientadora, tentando eliminar medos e tensións que moitas veces acompañan ao cambio de etapa, aínda que tamén falando un pouco da responsabilidade e do esforzo individual que teñen que adquirir para poder evolucionar e progresar na ESO.
Fixemos un percorrido polo centro e logo rematamos na cafetería, onde puideron estar moito máis relaxados.

BENVIDOS A TODOS E A TODAS!!

jueves, 2 de junio de 2016

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN SEXUAL.

O xoves 26 de maio dúas voluntarias da Cruz Vermella, unha sexóloga e unha educadora social, viñeron ao noso centro a impartir un obradoiro aos nosos alumnos e alumnas de 1º de FP Básica (o grupo de Servizos Administrativos e o grupo de Mantemento de Vehículos). 

O obradoiro foi sobre educación sexual e prevención de enfermidades de transmisión sexual, por detectar certa falta de información neste sentido e ter tamén moitas crenzas falsas.

A actitude e o comportamento amosado polos alumnos foi correcto en todo momento, sendo en xeral participativos e comunicativos.

Despois da charla, pasámoslles un cuestionario de valoración e estas son as súas respostas e opinións ao respecto:

                 5 mulleres                                    14 homes

  • Como valoras, de 0 a 10, a charla, e por que?
       10 = 9 persoas.                      9 = 3 persoas.
       9,5 = 1 persoa.                       8 = 5 persoas.
       6 = 1 persoa.
       A chica explicounos o tema moi ben.
       Fíxonos entender o perigo das enfermidades de transmisión sexual.
       Nunca está mal saber de todo.
       Aprendemos cousas novas e moi importantes.
       Pareceume moi interesante.
       Divertida e interesante.
       Estivo moi ben.
       Aprendemos moito.
  • Houbo algo que non soubeses e aprendiches cos contidos tratados? Se é así, que foi?
       Si (7 persoas).
       Non (9 persoas).
       Sabía máis ou menos todo (4 persoas).   
       As enfermidades (3 persoas).
       Algúns métodos de protección.
       Todo.
  • Es consciente da importancia da prevención para evitar contaxios por vía sexual ou embarazos non desexados?
       Si (19 persoas).
       Usar preservativo evita o contaxio de enfermidades.
       Podes poñer vidas en perigo.
       Usar métodos anticonceptivos.
  • Que foi o que máis che chamou a atención do que escoitaches?
       Todo (6 persoas).
       As enfermidades de transmisión sexual (6 persoas).
       Os preservativos femininos (2 persoas).
       Non me chamou nada a atención (3 persoas).
  • Pensas que a mocidade de hoxe ten información suficiente sobre estes temas?
       Si (10 persoas).
       Non (8 persoas).
       Si, pero non lles prestan atención.
       Hai moita información.
       Fan todo ao tolo.
       Paréceme ben porque así se poden previr embarazos non desexados.
  • Consideras que a mocidade é consciente dos perigos que supoñen non ser precavida ou precavido nas relacións afectivo-sexuais?
       Non (10 persoas).
       Si (6 persoas).
       Todas non (2 persoas).
       Máis ou menos.
       Fan as cousas ao tolo, sen pensar nada.
       Non de todos, pero si dalgúns.
  • Se queres facer algún comentario, faino a continuación.
MOITAS GRAZAS POLA TÚA COLABORACIÓN