sábado, 30 de abril de 2016

VÍDEO DA TVG SOBRE O OBRADOIRO DO DÍA DA MULLER

Como xa sabedes, o 8 de marzo tivemos un obradoiro sobre igualdade coas psicólogas do CIM do Concello de Curtis.
Quedei de deixarvos o enlace a dito vídeo que foi emitido na TVG o día 26 de abril no programa "A Revista".
Aquí está:


Moitas grazas a Isabel e a Claudia (avogada e psicóloga do CIM) por axudarnos a traballar estes contidos no centro, á TVG por facer promoción das nosas actividades e, sobre todo, aos nosos alumnos e alumnas, por ter tan boa dispoñibilidade para aprender.

jueves, 28 de abril de 2016

RISCOS EN INTERNET: AS REDES SOCIAIS.

As novas tecnoloxías son, sen dúbida, un gran avance en todos os sentidos; poderíamos falar de multitude de vantaxes, pero tamén de múltiples riscos que, en moitas ocasións, derivan do mal uso que se fan delas ou incluso do descoñecemento. 
Nos centros educativos contemplánse actuacións e programas para informar ao alumnado sobre estas cuestións.
Pero as nais e os pais son, incuestionablemente, os grandes responsables da educación dos seus fillos e fillas, para que cheguen a ser adultos responsables dentro da sociedade que lles toque vivir.
Quería deixar aquí uns enlaces a dous vídeos de youtube baseados nunha experiencia social que se fixo nos Estados Unidos. 
Creo que sería positivo que os pais e nais os vérades cos vosos fillos e fillas.


jueves, 14 de abril de 2016

VISITA AO CENTRO PENITENCIARIO DE TEIXEIRO

O pasado 30 de marzo, o alumnado de ciclos formativos e de FP Básica do noso centro (ambos da familia de Automoción), visitamos o centro penitenciario de Teixeiro. A visita correspóndese coa segunda parte do obradoiro "Di k non" organizado pola UTE do centro e a Fundación Barrié.

Recibíronnos un grupo de internos que nos ensinaron o módulo 6 e nos falaron da súa vida e das súas experiencias en prisión. Fixemos varias actividades ao longo das tres horas que durou a visita e as conclusións foron moi positivas, tanto no desenvolvemento da actividade en si, como nas conclusións e reflexións feitas por todos (alumnado e profesorado acompañante).

Deixo, sen máis, as respostas do alumnado ao cuestionario pasado ao día seguinte:

"Este é un pequeno cuestionario anónimo para valorar a visita que fixemos onte ao Centro Penitenciario de Teixeiro. 
So necesitamos que nos digas se es maior ou menor de idade:
        Maior de idade: 14 alumnos/as             Menor de idade: 15 alumnos/as

Por favor, responde con seriedade, xa que nos interesa moito a túa opinión:

1. Como valoras, de 0 a 10, a visita ao Centro Penitenciario?
          10 - 7 alumnos/as.
          9 - 5 alumnos/as.
          8 - 10 alumnos/as.
          7 - 4 alumnos/as.
          6 - 1 alumno/a.
          3 - 1 alumno/a.
          0 - 1 alumno/a.

2. Valora, de 1 a 5, as diferentes actividades que fixemos, sendo 1 a que menos che gustou e 5 a que máis:
    - O percorrido polo módulo e a visita á biblioteca e ao taller.
    - O tempo que estivemos encerrados na celda.
    - As reunións grupales que tivemos cos internos e cos funcionarios.
    - A posta en común das reunións grupales.
    - As actuacións musicais dos internos.

    En xeral, a actividade que máis gustou foi a das reunións grupales cos internos e cos funcionarios, xa que nelas, o noso alumnado púidolles preguntar, nun entorno máis íntimo, polas súas experiencias e porque chegaron a unha situación tan límite. Tamén gustou moito a actuación musical dos internos,   na que nos cantaron a canción de Antonio Flores "No dudaría" e o himno dos internos do módulo 6, escrito por eles. A verdade que o fixeron moi ben e foi unha actuación moi emotiva. O tempo encerrados na celda foi outra das actividades que impresionou bastante, xa que poideron vivir, durante 10 minutos, a sensación de sentirse privados de liberdade.
                                                           
3. Por que che gustou máis a actividade que escolliches cun 5?
As reunións cos internos foi escollida como a mellor porque lles deu a posibilidade de preguntarlles moitas cousas acerca da súa vida e cales foron as circunstancias para que chegaran ao límite; sempre aprenden máis escoitando a persoas que pasaron por esas situacións.
A maioría comenta que a actividade de sentirse privados de liberdade foi escollida porque é unha experiencia nova que despertou moitos sentimentos encontrados.
E a actuación musical gustou porque valoraron moito o esforzo feito por eles para cantar e tocar tan ben.

4. Que sentimentos tiveches cando estiveches encerrado na celda?
Os sentimentos máis nomeados foron os seguintes: agobio, aburrimento, tristeza, soidade, estrés, medo, nerviosismo, pánico, terror, malestar, silencio, vacío.

5. Como definirías aos internos do módulo 6 (a UTE, Unidade Terapéutica)? Utiliza 3 ou 4 adxectivos.
Boas persoas, amables, educados, con ilusión, con ganas de arranxar a súa vida, fortes, valentes, sinceros, arrepentidos, responsables, respetuosos, listos, bos, traballadores, alegres (a pesar da súa situación), perigosos, loitadores, atractivos, sociables, conformistas, esperanzados, rehabilitados, etc.

6. Recomendarías a visita aos teus amigos e familiares? Por que?
Aínda que algún alumno ou alumna non recomendaría a visita, a maioría pensan que é unha actividade para recomendar porque fai reflexionar e ver as diferentes situacións polas que pode pasar calquera persoa.

7. Que esperas da túa vida? Como te ves dentro de 8 ou 10 anos?
A maioría espera estar traballando, formando unha familia e sen problemas que lles leven a ingresar nun centro penitenciario.

8. Se queres facer algún comentario, faino a continuación:
"É unha experiencia que vale para a vida".
"Gustaríame volver para o ano próximo".
"Algún xa debería saír de alí, porque son boas persoas e xa están rehabilitados".


MOITAS GRAZAS POLA TÚA COLABORACIÓN.