domingo, 6 de diciembre de 2015

EXPOSICIÓN "CARTAS DE AMOR"



Nos centros educativos non se transmiten so contidos culturais, senón que son institucións onde os nosos mozos e mozas aprenden a vivir e convivir en sociedade. É aquí onde se aprenden valores relacionados coa convivencia pacífica e tolerante, valores como a empatía e a asertividade, o respecto pola diferencia, e onde aprenden tamén habilidades sociais para solucionar os conflitos a través do diálogo. Nunha sociedade onde hai influencias tan diversas, unhas tan positivas e outras non tanto, a escola ten que ser, hoxe máis que nunca, un lugar onde se aprenda a convivir nunha sociedade democrática.
Esa é a razón de ser de todas as actuacións que se fan como actividades complementarias nos centros educativos.
No IES de Curtis tivemos a sorte este curso de gozar da exposición “Cartas de Amor” (promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade), 15 debuxos de 15 artistas que pretenden facer reflexionar aos adolescentes sobre a existencia de violencia na súa forma de relacionarse. 
Tamén tivemos a sorte de contar con Gloria Serrato, asesora en temas de coeducación e autora da unidade didáctica que acompaña a exposición, que realizou un obradoiro cos nosos alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato.
Houbo algún profesor e profesora que aproveitaron a oportunidade para traballar co alumnado as distintas fotografías e os lemas que as acompañan.
É esta unha temática que non nos cansaremos de traballar desde o Departamento de Orientación, xa que pensamos que moitas veces as relacións interpersonais están baseadas en prexuízos e ideas preconcibidas que nada teñen que ver coa igualdade e o respecto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario