domingo, 6 de diciembre de 2015

CELEBRANDO O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NO IES DE CURTIS.

O mércores 25 de novembro celebramos no noso centro o día internacional contra a violencia de xénero.
Catro persoas voluntarias da Cruz Vermella de Betanzos viñeron ao IES a impartir uns obradoiros ao alumnado de 3º e 4º da ESO e FP Básica. Foi unha actividade cunha metodoloxía moi participativa na que se debateu sobre determinados prexuízos que aínda existen na sociedade a raíz de material audiovisual e gráfico que aportaron os voluntarios. Non só se traballou directamente sobre a violencia cara á muller, senón que tamén se analizaron certos comportamentos que están moi asentados entre as nosas mozas e mozos nas relacións afectivas que empezan a desenvolver nestas idades.
O noso obxectivo principal con esta actividade e que aprendan a ter relacións entre eles asentadas nunha base de respecto, igualdade e tolerancia.

Ademais, os nosos alumnos e alumnas de FP Básica, repartiron lazos morados entre todos os membros da comunidade educativa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario