martes, 17 de marzo de 2020

Todos e todas contra a violencia de xénero.

Os días 7 e 12 de novembro, dentro das actividades propostas para celebrar o día contra a violencia de xénero (25 de novembro), e en coordinación coa axente de igualdade do Concello, o alumnado de 3º e 4º da ESO participou nun obradoiro de autoprotección dirixido a todo o alumnado destes cursos nunha primeira sesión e só para as rapazas nunha segunda parte, que estaría dedicada a unhas xornadas prácticas. 





Mediante unha metodoloxía de traballo cooperativo, os nosos mozos e mozas traballaron sobre os estereotipos de xénero, a igualdade, o respecto e todos aqueles aspectos que lles poden facer reflexionar sobre as súas relacións interpersoais, para que sexan máis igualitarias e respectuosas.

Aquí vos deixo unhas cantas imaxes para o recordo.



 






No hay comentarios:

Publicar un comentario