martes, 17 de marzo de 2020

Obradoiro de educación afectivo-sexual.

Durante o segundo trimestre tivo lugar no noso centro o obradoiro de educación afectivo-sexual dirixido ao noso alumnado de 2º e 3º da ESO, levado a cabo por Raquel, de Atalaia, e organizado en colaboración co Concello (Sexo con sentido)


 Este obradoiro ten como obxectivo central, presentar a sexualidade como unha cuestión social que debe ser normalizada e asociada a valores positivos e saudables, reflexionando sobre mitos e crenzas erróneas.




Con actividades e propostas adaptadas á súa idade, trátase de informarlles sobre sexualidade, pero tamén de inculcarlles actitudes de igualdade, respecto e responsabilidade nas súas relacións interpersoais.












No hay comentarios:

Publicar un comentario