martes, 17 de marzo de 2020

Proxecto "Donas de si" (2019-2020).

Este curso académico 2019-2020 estamos participando no Plan Proxecta "Donas de si", coordinado esta vez pola profesora de Xeografía e Historia, Marta Díaz.
Dende o Departamento de Orientación, como non podía ser doutra maneira, estamos a colaborar no proxecto cunha serie de propostas e actividades para todas as etapas do noso centro, algunhas xa se levaron a cabo e outras aínda se levarán a cabo nos seguintes meses; moitas delas están organizadas en coordinación co Concello; tamén colaboran con nós a Guardia Civil e asociacións e organizacións sen ánimo de lucro:
  • Para Educación Infantil: contacontos e plan de igualdade do Concello.
  • Para Educación Primaria: Programa de igualdade: para 1º e 2º de EP. Club Brío nas horas de Educación Física, para traballar a igualdade, de 3º a 6º de EP. Plan Director: Para 6º de EP. Novas Tecnoloxías. Obradoiro de Habilidades Sociais. Para 5º de EP. Obradoiro de alimentación sá (nutrición). De 3º a 6º de EP. Actividades prevención ludopatía, para 6º de EP.
  • Para a ESO: Plan Director para 1º e 2º. Charla sobre lesións medulares de AESLEME para 2º. Charla informativa das Forzas Armadas para 4º. Obradoiro de prevención de condutas aditivas para todos os cursos. Obradoiro de Habilidades Sociais para 1º e 2º. Obradoiro de educación afectivo-sexual para 2º e 3º. Obradoiro de prevención de drogodependencias para 3º e 4º. Obradoiro de alimentación sá para todos os cursos. Obradoiro de auto-protección: con dúas partes:
    - Primeira parte: obradoiro de prevención: dentro do horario lectivo: dúas sesións.
    - Segunda parte: xornadas prácticas de autoprotección: fóra do horario lectivo: dúas horas.
Ademais estaría a Escola de Nais e Pais no mes de maio.

Entre o segundo e o terceiro trimestre organizaranse actividades de orientación académica e profesional para todos os cursos da ESO e tamén para 6º de EP. Ademais para 4º teremos saídas de orientación a centros educativos da comarca e á feira de orientación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario