martes, 24 de marzo de 2020

Enlaces para traballar nas diferentes etapas.

Desde o Departamento de Orientación do CPI de San Sadurniño, queremos aportar actividades e recursos para facer máis levadero este tempo na casa e, ao mesmo tempo, axudar ao desenvolvemento académico e persoal dos nosos alumnos e alumnas.

A continuación aparecen unha serie de enlaces para traballar desde casa, non tanto contidos curriculares, que eses xa os están a traballar co profesorado do centro, se non para traballar dunha forma lúdica e interactiva, aspectos que están na base de calquera aprendizaxe, os chamados aspectos cognitivos básicos, como a atención, a percepción, a memoria,.... Durante todos estes días de confinamento, seguiremos achegando recursos:
Enlace á páxina web do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, onde podedes atopar a axenda para adolescentes confinados: (actualizado a 15 de abril de 2020):

https://copgalicia.gal/pdf/axenda-para-adolescentes-confinados


Enlace á páxina web da "Cruz Roja", onde podedes descargar unha guía moi útil para estes días: (actualizado a 14 de abril de 2020)

https://www2.cruzroja.es/imagina-con-cruz-roja 

Atención psicolóxica para toda a poboación: (actualizado a 06 de abril de 2020)

https://copgalicia.gal/novas/xeral/servizo-de-atencion-psicoloxica-traves-do-112-para-toda-poboacion-pola-emerxencia 

Para traballar a atención e a concentración:

Para traballar a conciencia fonolóxica:
Apps:



Atención y memoria
-          Mole mole.
-          Comida para niños.
-          Lumosity.
-          Memorama.
-          Sopa de letras.
Puzzles
-          Peg puzzle.
-          Rompecabezas mágicos.
-          Mis primeros tangrams.
-          Puzzle me. 1,2.
-          Animal Puzzles.
Dislexia
-          Galexia.
-          Piruletas.
-          Dytective.

Xogos de mesa: Ademais de ser xogos tradicionais, favorecen a cohesión e a relación interpersoal, axudan a solucionar os conflitos se se poñen unhas regras que todos e todas debemos cumprir, favorecen a empatía e permiten que se solidifiquen as relacións familiares, sendo moi importantes, sobre todo, para os nenos e nenas pequenas; pero por enriba de todo, permiten pasar un bo rato en familia lonxe das pantallas dos video-xogos, televisión, ordenadores, etc.


  • Parchís.
  • Oca.
  • Tres en raia.
  • Cartas.
  • Damas.
  • Ajedrez.
  • Backgamon. 
  • Dominó.
  • Torre de colores.
  • Xogo da escaleira.
  • Mikado.
  • A variedade de xogos de "UNO".
  • Crucigramas, sopas de letras, solitarios, non son xogos en equipo, pero tamén favorecen o desenvolvemento de capacidades cognitivas.
  • E un longo etcétera para poder pasar un rato entretidos e aprendendo, non son habilidades cognitivas, senón tamén sociais.
Para traballar a atención en Secundaria



Para a orientación académica e profesional en Secundaria



No hay comentarios:

Publicar un comentario