sábado, 19 de noviembre de 2016

PROGRAMA TEI NO IES DO CAMIÑO.

No IES do Camiño de Palas de Rei, na provincia de Lugo, levan xa tres años implementando o programa "Titoría Entre Iguais" con resultados moi positivos. Este programa consiste en que o alumnado de 3º da ESO titoriza ao alumnado que chega novo ao centro en 1º para axudarlle na súa integración e poder evitar o aillamento, a falta de integración e, sobre todo, o acoso escolar. Este curso son eu a orientadora deste centro e colaboro coa coordinadora de convivencia e co director en todo o relativo a este programa e a boa marcha da convivencia no centro.

Neste primeiro trimestre, e despois de facer a formación para o alumnado de 3º e dar a información ao alumnado de 1º, fixemos entrega dos diplomas e os carnés aos titores e titoras. No mesmo acto procedimos a facer a asignación entre titores e titorandos. A primeira actividade foi unha pequena entrevista que tiveron que facerse por parellas para empezar a coñecerse mellor.


O programa continuará ao longo do curso coas titorías informais e as reunións formais que cada mes celebraremos, así como coas avaliacións trimestrais.



Titores e titorando cos coordinadores do programa




No hay comentarios:

Publicar un comentario