jueves, 7 de enero de 2016

CONVOCATORIA CELGA

A Consellería de Educación acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia de hoxe, 7 de xaneiro, a Resolución pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis CELGA 1,2,3 e 4 para este ano 2016. 


A convocatoria vai dirixida ás persoas maiores de 16 anos, ou que os fagan antes de finais do ano 2016, nacionais ou estranxeiras.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada, e nas seguintes datas:
- Celga 4: 2 de abril de 2016.
- Celga 2: 3 de abril de 2016.
- Celga 3: 9 de abril de 2016.
- Celga 1: 10 de abril de 2016.

Os lugares concretos e o horario indicarase cando se fagan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas.

As persoas que desexen inscribirse nestas probas deberán formalizar a súa solicitude no modelo normalizado que se publica como Anexo I á Resolución e aboar a taxa que se indica na mesma.

A información detallada está recollida no DOG que se adxunta como enlace.

No hay comentarios:

Publicar un comentario