jueves, 14 de abril de 2016

VISITA AO CENTRO PENITENCIARIO DE TEIXEIRO

O pasado 30 de marzo, o alumnado de ciclos formativos e de FP Básica do noso centro (ambos da familia de Automoción), visitamos o centro penitenciario de Teixeiro. A visita correspóndese coa segunda parte do obradoiro "Di k non" organizado pola UTE do centro e a Fundación Barrié.

Recibíronnos un grupo de internos que nos ensinaron o módulo 6 e nos falaron da súa vida e das súas experiencias en prisión. Fixemos varias actividades ao longo das tres horas que durou a visita e as conclusións foron moi positivas, tanto no desenvolvemento da actividade en si, como nas conclusións e reflexións feitas por todos (alumnado e profesorado acompañante).

Deixo, sen máis, as respostas do alumnado ao cuestionario pasado ao día seguinte:

"Este é un pequeno cuestionario anónimo para valorar a visita que fixemos onte ao Centro Penitenciario de Teixeiro. 
So necesitamos que nos digas se es maior ou menor de idade:
        Maior de idade: 14 alumnos/as             Menor de idade: 15 alumnos/as

Por favor, responde con seriedade, xa que nos interesa moito a túa opinión:

1. Como valoras, de 0 a 10, a visita ao Centro Penitenciario?
          10 - 7 alumnos/as.
          9 - 5 alumnos/as.
          8 - 10 alumnos/as.
          7 - 4 alumnos/as.
          6 - 1 alumno/a.
          3 - 1 alumno/a.
          0 - 1 alumno/a.

2. Valora, de 1 a 5, as diferentes actividades que fixemos, sendo 1 a que menos che gustou e 5 a que máis:
    - O percorrido polo módulo e a visita á biblioteca e ao taller.
    - O tempo que estivemos encerrados na celda.
    - As reunións grupales que tivemos cos internos e cos funcionarios.
    - A posta en común das reunións grupales.
    - As actuacións musicais dos internos.

    En xeral, a actividade que máis gustou foi a das reunións grupales cos internos e cos funcionarios, xa que nelas, o noso alumnado púidolles preguntar, nun entorno máis íntimo, polas súas experiencias e porque chegaron a unha situación tan límite. Tamén gustou moito a actuación musical dos internos,   na que nos cantaron a canción de Antonio Flores "No dudaría" e o himno dos internos do módulo 6, escrito por eles. A verdade que o fixeron moi ben e foi unha actuación moi emotiva. O tempo encerrados na celda foi outra das actividades que impresionou bastante, xa que poideron vivir, durante 10 minutos, a sensación de sentirse privados de liberdade.
                                                           
3. Por que che gustou máis a actividade que escolliches cun 5?
As reunións cos internos foi escollida como a mellor porque lles deu a posibilidade de preguntarlles moitas cousas acerca da súa vida e cales foron as circunstancias para que chegaran ao límite; sempre aprenden máis escoitando a persoas que pasaron por esas situacións.
A maioría comenta que a actividade de sentirse privados de liberdade foi escollida porque é unha experiencia nova que despertou moitos sentimentos encontrados.
E a actuación musical gustou porque valoraron moito o esforzo feito por eles para cantar e tocar tan ben.

4. Que sentimentos tiveches cando estiveches encerrado na celda?
Os sentimentos máis nomeados foron os seguintes: agobio, aburrimento, tristeza, soidade, estrés, medo, nerviosismo, pánico, terror, malestar, silencio, vacío.

5. Como definirías aos internos do módulo 6 (a UTE, Unidade Terapéutica)? Utiliza 3 ou 4 adxectivos.
Boas persoas, amables, educados, con ilusión, con ganas de arranxar a súa vida, fortes, valentes, sinceros, arrepentidos, responsables, respetuosos, listos, bos, traballadores, alegres (a pesar da súa situación), perigosos, loitadores, atractivos, sociables, conformistas, esperanzados, rehabilitados, etc.

6. Recomendarías a visita aos teus amigos e familiares? Por que?
Aínda que algún alumno ou alumna non recomendaría a visita, a maioría pensan que é unha actividade para recomendar porque fai reflexionar e ver as diferentes situacións polas que pode pasar calquera persoa.

7. Que esperas da túa vida? Como te ves dentro de 8 ou 10 anos?
A maioría espera estar traballando, formando unha familia e sen problemas que lles leven a ingresar nun centro penitenciario.

8. Se queres facer algún comentario, faino a continuación:
"É unha experiencia que vale para a vida".
"Gustaríame volver para o ano próximo".
"Algún xa debería saír de alí, porque son boas persoas e xa están rehabilitados".


MOITAS GRAZAS POLA TÚA COLABORACIÓN.

No hay comentarios:

Publicar un comentario