viernes, 28 de junio de 2019

SUPRIME O CONTROL.

Dentro das actividades organizadas polo Concello en colaboración coa Deputación de A Coruña, está o programa socioeducativo de prevención da violencia de xénero "Suprime o Control".
O obxectivo do programa é ofrecerlle ao alumnado de 3º e 4º da ESO, ás súas familias, e ao profesorado, ferramentas coas que traballar pola construción de identidades igualitarias, facendo unha especial crítica ás violencias machistas na adolescencia e á súa reprodución por medio das redes sociais, os productos audiovisuais, etc. Todo esta conectado, pero prestando atención podes SUPRIMIR O CONTROL. 

• Para 3º ESO (A e B) e 4º ESO:
Martes 15 de xaneiro, martes 22 de xaneiro e martes 29 de xaneiro
Tres sesións cada día, unha para cada grupo: 3º A e B e 4º.
Horario: de 9:30 a 12:00.

Ademais da participación destes grupos de alumnos e alumnas, o programa ofreceu outras accións encamiñadas tanto ao alumnado como ás familias:

  • Participación do alumnado nunha curtametraxe sobre esta temática.
  • Concurso de microrrelatos, tamén para o alumnado.
  • Encontro coas familias.

Das tres accións previstas, só tivo participación a dos encontros coas familias, que tiveron lugar na Casa da Cultura do concello. Desde o centro, fíxose publicidade dos encontros, como amosan as imaxes, tanto no edificio de Primaria como no de Secundaria:



Pódese ver un resumo da actividade no seguinte enlace:



No hay comentarios:

Publicar un comentario