viernes, 28 de junio de 2019

OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS PARA 1º E 2º DA ESO.

Durante os meses de xaneiro e febreiro, nas horas de titoría de 1º e 2º da ESO, dúas profesionais de ASFEDRO impartiron os obradoiros de habilidades sociais ao noso alumnado, incidinco en habilidades como a empatía, a asertividade, o respecto e a tolerancia, xa que detectamos moitos comportamentos e actitudes pouco respectuosas entre eles e elas, con moitos estereotipos e modelos pouco axeitados.
As profesionais aportaron aos alumnos e alumnas ferramentas de comunicación, tanto verbal como non verbal, que son necesarias para relacionarnos cos demais de forma eficaz e saudable.
Utilizaron unha metodoloxía dinámica con xogos participativos para poñer ao alumnado en situacións semellantes á realidade.
As habilidades sociais apréndense, e son moi necesarias para poder relacionarnos de forma efectiva e positiva co resto das persoas coas que compartimos a nosa vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario