lunes, 21 de marzo de 2016

XXIII SEMANA CULTURAL NO IES DE CURTIS.


A semana do 14 ao 18 de marzo estivo cargada de actividades no IES de Curtis para celebrar a 23 Semana Cultural.

Todos os Departamentos Didácticos e todos os Equipos do centro (Biblioteca, Dinamización Lingüística, Orientación), organizaron algunha actividade, charla, conferencia ou obradoiro.



Foi unha semana moi intensa para todos, na que poidemos gozar de publicidade, música, matemáticas, historia, películas, e ata dunha exhibición dos bombeiros de Betanzos, entre otras moitas actividades interactivas.







RECUNCHO DE CITAS

Continuamos este trimestre co noso recuncho de citas para reflexionar.

Estas son algunhas das que tivemos expostas:

- "As guerras seguirán existindo mentras o color da pel continúe sendo máis importante que o color dos ollos". Bob Marley.

- "A persoa que non le, non ten ningunha vantaxe sobre a que non sabe ler". Mark Twain.




- "Comeza o día cun sorriso; verás o divertido que é ir por aí desentonando con todo o mundo". Un personaxe chamado Mafalda. 

TALLER "DI K NON"


Enmarcada tamén dentro da nosa Semana Cultural, o venres 18 de marzo desenvolveuse o obradoiro "Di k non" que organiza a Fundación Barrié en colaboración co centro peninteciario de Teixeiro.

A actividade estivo dirixida aos ciclos formativos de Formación Profesional, tanto aos ciclos de grao medio como aos ciclos de FP Básica.

Un grupo de funcionarios do centro acompañaron aos internos que, logo de moito traballo e dedicación, realizaron unha pequena obra teatral sobre o que supón para unha persoa a privación da liberdade. 


Unha parte importante da xornada estivo dedicada a que os propios internos, varios homes e unha muller, nos contasen a súa experiencia e debatesen co alumnado e co profesorado, sobre os efectos e as consecuencias do consumo de drogas.






Queremos agradecerlles a súa implicación e os consellos que lles deron aos nosos alumnos e alumnas, tanto os funcionarios como, sobre todo, os propios internos. 

Agradecémoslles tamén o agasallo que nos deixaron, personalizado e feito polos propios internos, que subíu a recoller ao escenario un dos nosos alumnos.



Esperamos contar con eles en futuras ocasiones, xa que é unha experiencia moi cercana e que nos debe facer reflexionar a todos e todas. 

O vindeiro 30 de marzo, á volta das vacacións, seremos nós os que fagamos unha visita ao centro penitenciario.

jueves, 17 de marzo de 2016

INFORMACIÓN DA REDE GALEGA DE DINAMIZACIÓN XUVENIL.

Enmarcada dentro da Semana Cultural que estamos a celebrar, onte, día 16 de marzo, contamos con Fernando  Rodríguez Castro, dinamizador xuvenil da Rede Galega de Dinamización Xuvenil que depende da Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Durante máis dunha hora, estivo informando ao alumnado de ciclos formativos (tanto de grao medio como de FP Básica), dos diferentes programas e proxectos que están á súa disposición.

En primeiro lugar, faloulles da "Iniciativa Xove", proposta que o ano pasado aprobou algo máis de 1000 proxectos. No seguinte enlace podedes atopar información da convocatoria, que foi publicada no DOG do 3 de marzo:


Despois pasou a informar sobre "GALEUROPA", iniciativa de emprego xuvenil onde os xóvenes poden facer prácticas non remuneradas no estranxeiro, o que lles da unha experiencia que ás veces non é doada de conseguir no noso país. Están subvencionados os gastos de mantemento e desprazamento. Este ano aínda non saíu a convocatoria. 
Galeuropa é un proxecto que se vai desenvolver entre os anos 2014-2020; agora mesmo hai fondos, co cal o dinamizador animou aos rapaces a solicitalo, pois estamos nun bo momento para que o concedan.

Por último, informoulles sobre o Erasmus +, un servicio de voluntariado europeo. Tampouco supón ningún gasto, xa que conceden axudas para
desprazamento, aloxamento e manutención.

E como se certifican todas estas actividades? Pois a través do "youthpass", que é un certificado que emite a Unión Europea coas competencias adquiridas polas persoas que as realizaron.

Toda esta información pódese atopar na páxina web de Xuventude da Xunta de Galicia:


Na casa da Xuventude de Curtis e na OMIX (Oficina de Información Xuvenil) do Concello tamén hai profesionais que poden asesorar e informar.


Engado imaxes da charla onde podedes atopar tamén o correo de Fernando:








ACTUALIZACIÓN DA INFORMACIÓN A 8 DE ABRIL DE 2016:

Estes son os enlaces onde podedes atopar as convocatorias, que acaban de ser publicadas no DOG do 8 de abril:

- Orde do programa Galeuropa (programa de prácticas formativas non remuneradas na UE):

http://xuventude.xunta.es/2016040818900/programa-de-mobilidade-transnacional-xuvenil-galeuropa-2016.html

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160408/AnuncioG0425-280316-0001_gl.pdf

- Orde da Acción de verán 2016 (campamentos para idades comprendidas entre 9 e 17 anos):

http://xuventude.xunta.es/2016040818898/accion-de-veran-2016.html

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160408/AnuncioG0425-010416-0002_gl.pdf

miércoles, 16 de marzo de 2016

15 DE MARZO, DÍA DO CONSUMO RESPONSABLE.

Onte, 15 de marzo, celebramos o Día do Consumo Responsable. A Asociación Galega de Consumo, a través do Instituto Galego de Consumo, ofreceu dúas vídeoconferencias para poder seguir en directo, unha ás 10 da mañá, para Educación Primaria, e outra a partir das 12, para o resto das etapas educativas, ambas coa posibilidade de preguntar dúbidas e facer achegas a través do chat da propia plataforma.

O noso IES apuntouse á segunda videoconferencia, sobre consumo responsable, que tivo lugar entre as 12:00 e as 13:00 horas. Como nunca se sabe como van responder as novas tecnoloxías, a rede xugounos unha mala pasada e non puidemos seguir máis que unha pequena parte da charla en directo, xa que se estivo cortando continuamente a sinal.

De todos os xeitos, hoxe temos xa os enlaces para poder ver a conferencia que onte non puidemos e que verán os nosos alumnos e alumnas ao longo da semana:


Por outra banda, faremos publicidade a través das titoras, do concurso de carteis que organiza a Escola Galega de Consumo; remata o prazo para participar o 15 de abril.
No seguinte enlace pódese atopar información sobre este concurso e descargar a convocatoria e a solicitude de participación; o alumnado gañador recibirá unha tableta dixital HD:

http://consumo.xunta.gal/gl/formacion/proxectos/concurso-de-carteis-do-dia-mundial-dos-dereitos-das-persoas-consumidoras

Ademais, esta Escola realiza todo o ano charlas participativas e talleres sobre consumo responsable. Podemos coñecer máis sobre estas actividades, visitando a páxina web da mesma:

http://consumo.xunta.gal/gl/formacion

Aquí quedan as imaxes do momento en que participamos da videoconferencia:




Este é o enlace de facebook da Escola Galega de Consumo. Aquí podedes ver o álbum coas fotos das vídeo-conferencias realizadas en diversos centros escolares galegos, entre eles, o noso IES:

https://www.facebook.com/media/set/?set=a.1033898063350204.1073742062.358153357591348&type=3

CHARLA DA ASOCIACIÓN PRO-ENFERMOS MENTAIS (APEM) DE BETANZOS.

Dentro da Semana Cultural do IES de Curtis, recibimos onte a dúas traballadoras da Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM) de Betanzos, Nuria, Educadora Social, e Cristina, Terapeuta Ocupacional.
Elas ofreceron unha charla informativa ao noso alumnado de 3º da ESO e de FP Básica (máis algún alumno e alumna interesadas dos ciclos de grao medio), na que se tratou de dar unha visión preventiva das enfermidades mentais que poden estar asociadas ao consumo de sustancias nocivas, tentando superar prexuízos sobre estas cuestións e alertando sobre o feito de que ninguén está libre de padecer estas enfermidades e menos aínda se hai predisposición xenética, co cal a prevención no consumo de drogas é fundamental.

Os alumnos e alumnas fixeron un pretest para saber cal era a información previa sobre esta temática e despois da actividade cubriron un postest para avaliar a información e as aprendizaxes obtidas. Tan pronto teñamos a valoración, estará aquí a vosa disposición.





Estes son os enlaces aos vídeos utilizados polas poñentes:

https://www.youtube.com/watch?v=0NdFXz5IP9k LA PRIMERA ETIQUETA.

https://www.youtube.com/watch?v=S5dEbjlLWMk CAMPAÑA "QUEREMOS SER FELICES".

MARZO, ACTUALIZACIÓN DA INFORMACIÓN:

A continuación deixo constancia dos resultados das valoracións feitas polas dúas traballadoras da Asociación, antes e despois da charla:

- Cuestionario previo (respostas en vermello) e cuestionario post-charla (respostas en azul):

1. Calquera persoa pode ter un trastorno mental. 
             De acordo: 49                En desacordo: 3        Non sei: 8
             De acordo: 55                En desacordo: 0        Non sei: 1

2. Non se pode axudar ás persoas con enfermidade mental:
             De acordo: 2                  En desacordo: 55      Non sei: 3
             De acordo: 3                En desacordo: 52        Non sei: 1

3. As persoas con enfermidade mental poden traballar:
             De acordo: 24                En desacordo: 15      Non sei: 23
             De acordo: 54                En desacordo: 2        Non sei: 0

4. As persoas con enfermidade mental son sempre moi raras:
             De acordo: 5                  En desacordo: 40      Non sei: 15
             De acordo: 4                  En desacordo: 43      Non sei: 9

5. A enfermidade mental debe ser tratada como calquera outra enfermidade:
             De acordo: 33                En desacordo: 15      Non sei: 12
             De acordo: 40                En desacordo: 8        Non sei: 8

6. As persoas con enfermidade mental non poden levar unha vida normal:
             De acordo: 10                En desacordo: 31      Non sei: 19
             De acordo: 7                  En desacordo: 48      Non sei: 1

7. A enfermidade mental pódenos afectar a calquera idade:
             De acordo: 46                En desacordo: 4        Non sei: 10
             De acordo: 53                En desacordo: 1        Non sei: 2

8. As persoas con enfermidade mental teñen retraso mental:
             De acordo: 4                En desacordo: 47        Non sei: 9
             De acordo: 2                En desacordo: 49        Non sei: 5

9. As persoas con enfermidade mental son violentas e perigosas:
             De acordo: 10                En desacordo: 35      Non sei: 14
             De acordo: 2                  En desacordo: 51      Non sei: 3

10. O consumo de tóxicos pode ser un desencadenamento da enfermidade mental:
             De acordo: 21                En desacordo: 11      Non sei: 28
             De acordo: 52                En desacordo: 2        Non sei: 2

11. Ás persoas con enfermidade mental hai que internalas en centros especiais:
             De acordo: 17                En desacordo: 15        Non sei: 28
             De acordo: 11                En desacordo: 44        Non sei: 1

12. As persoas con enfermidade mental poden normalizar a súa vida cun tratamento axeitado:
             De acordo: 43                En desacordo: 4        Non sei: 13
             De acordo: 50                En desacordo: 5        Non sei: 1

Queda patente a melloría na comprensión das enfermidades mentais e tamén o coñecemento dos riscos que poden levar ao seu desenvolvemento. O noso alumnado tamén aprendeu a identificar e a discriminar as enfermidades mentais doutras patoloxías ou alteracións que non poden ser diagnosticadas como tales.

miércoles, 9 de marzo de 2016

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.


Onte, 8 de marzo, celebramos no noso IES o Día Internacional da Muller. A directora e a psicóloga do CIM de Curtis (Centro de Información á Muller), Isabel e Claudia, acudiron a realizar dous obradoiros cos nosos alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO. A actividade foi moi interactiva e centrouse nos estereotipos e no tratamento da muller na publicidade. 

O obxectivo desta actividade non foi outro que reflexionar sobre ideas preconcibidas, que moitas veces admitimos como verdadeiras sen pararnos a pensar se son xustas e respectuosas con todos e todas as mulleres e homes. 

A TVG acudiu a grabar un dos obradoiros para tratar esta temática no seu programa "A revista".
Cando teñamos o vídeo ou o enlace para velo, estará neste blog a disposición de toda a comunidade educativa.

Déixovos o enlace dos Centros de Información á Muller que existen en Galicia, onde se pode ver en que ámbitos traballan os profesionais asociados a eles.


Outra actividade que propuxemos desde o Departamento de Orientación para celebrar este día, foi a realización dunha entrevista por parte do alumnado a unha muller da súa contorna maior de 70 anos. Poden ser en formato papel, audio ou audio-visual.

Pretendemos con ela, recoller a memoria viva das mulleres que viviron de primeira man todos os cambios que se produciron ao longo do século XX en Galicia.

A actividade promocionouse a través das titorías, da biblioteca e do Equipo de Dinamización Lingüística. O prazo para recoller os traballos é a semana seguinte a Semana Santa, para darlles tempo aos nosos alumnos e alumnas, que agora están con exames, a realizar a actividade, se lles apetece.

Os traballos recollidos quedarán expostos no centro e tamén neste blog, coas reflexións oportunas, para toda a comunidade educativa.

Aquí quedan unhas imaxes dos obradoiros:









lunes, 7 de marzo de 2016

CHARLA TEMÁTICA DENTRO DO PROGRAMA A PONTE

Hoxe, 7 de marzo, o profesor de Filosofía da USC, Oscar Horta, acudíu ao noso centro a impartir unha charla temática aos nosos alumnos e alumnas de 2º BAC. O tema elixido foi: "A ética e os animais". O máis significativo foi como o poñente intentou despertar no alumnado a inquedanza por averiguar, por saber, por descubrir, por investigar, e non aceptar os coñecementos que veñen dados sen máis. Animounos a pensar por eles mesmos sobre os aspectos éticos da convivencia entre o ser humano e os animais.

Estes son dous enlaces para investigar máis sobre o tema:



Con esta actividade, quedan rematadas as actuacións dentro do Programa A Ponte entre o ensino medio e a universidade.

Déixovos dúas imaxes da charla.