viernes, 28 de junio de 2019

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL PARA 2º E 3º DA ESO.


A educación afectivo-sexual constitúe un elemento crucial na educación integral de rapazas e rapaces porque, máis alá do coñecemento puramente biolóxico, aborda procesos como a construción da identidade de xénero ou as relacións afectivas nas interaccións humanas.


Durante varias sesións de novembro para 2º da ESO e de xaneiro para 3º, nas horas de titoría destes grupos, as educadoras de Atalaia viñeron a impartir un obradoiro de educación afectivo-sexual.
Os obradoitos enmárcanse denro do programa "Sexo con-sentido, programa de educación afectivo-sexual para o alumnado de Secundaria.


Foron tres sesións de 50 minutos cada unha por aula.

No hay comentarios:

Publicar un comentario