domingo, 30 de junio de 2019

VIOLENCIA DE XÉNERO E O NOVO CONTEXTO DIXITAL.

 

 O 2 de maio, para 1º, 2º e 3º da ESO, tivo lugar durante todo o día, con sesións dobres, un obradoiro relacionado coa violencia de xénero e o novo contexto dixital, onde o alumnado tivo que reflexionar sobre os estereotipos de xénero e 



Trátase de obradoiros educativos orientados a adolescentes, centrados no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xurden no contexto dixital, ciberviolencia de xénero, grooming, sextorsión, etc.



Teñen como obxectivo ensinar aos e ás menores o axeitado manexo das redes sociais, a súa finalidade e as repercursións que poden ter determinados comportamentos de risco.
  
Os nosos mozos e mozas teñen que ser conscientes dos perigos que teñen certos comportamentos, como compartir ou difundir fotografías ou vídeos a través de internet e das redes sociais.



A VIOLENCIA DE XÉNERO NA PUBLICIDADE E NOS MEDIOS AUDIOVISUAIS.

O 25 de abril, o alumnado de 2º da ESO participou nunha charla-obradoiro sobre a violencia de xénero na publicidade e nos medios audiovisuais.

Esta temática é novedosa para moitos deles e delas, e tiveron que facer unha reflexión para poder identificar aqueles elementos sexistas que continuamente están presentes nos medios audiovisuais e na publicidade, ás veces de xeito explicito e outras non tanto.




Trátase de concienciar ao alumnado, ao profesorado e as familias, para que empecen a ver a publicidade desde outro punto de vista.

CHARLAS DENTRO DO PLAN DIRECTOR.



-       Charlas dentro do Plan Director:


·         Acoso escolar, para 1º da ESO (5 de abril).

·         Riscos de Internet, para 2º ESO (4 de abril).




A primeira charla estaba dirixida ao alumnado de 1º da ESO e enfocada ao acoso escolar en xeral e ao acoso por cuestións de xénero de forma máis específica.


 O acoso escolar por razóns de xénero é un fenómeno que afecta a millóns de nenos de ambos sexos. Este tipo de violencia é cometido contra aqueles e aquelas que non se axustan ás normas sexuais e de xénero predominante e teñen a súa orixe na dinámica de relacións desiguais de poder.


 
A charla dirixida a 2º da ESO estivo enfocada as riscos de internet e as redes sociais.










É moita a información que lles chega aos nosos mozas e mozas, por iso deben ter unha formación crítica para saber protexerse contra todas as influenzas que reciben a cotío.

TEATRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

"O xoves 4 de abril tivemos a oportunidade de ver "Golpes" na Casa da Cultura do Concello de San Sadurniño, unha obra dura no contido pero excelente na execución da actriz, Estíbaliz Veiga, que se basa na experiencia de Pamela Palenciano. Houbo bágoas, empatía e emocións, e levounos a charlas de temas que normalmente non están nas nosas charlas cotiás. Espero que tamén a aprender a detectar o maltrato antes de que nos salpique".
Redactado por Marta Tie (titora de 4º ESO).

Pódese ver a actividade no enlace de instagram:


A obra pretende transmitir a mensaxe de que seguen sendo "moitos" os rapaces que controlan as mensaxes das súas parellas en plataformas como "WhatsApp", e advertir de que o paso a unha relación tóxica desde puntos como ese "é moi doado". A semente está nas aulas e nas familias semilla está en las aulas. É fundamental que eduquemos desde pequenos e pequenas aos que no futuro levantarán a sociedade na igualdade.


Pedímoslle ao alumnado que escribira en poucas liñas aquelas emocións e sentimentos que lle despertou a obra. Estas son algunhas das achegas (transcritas tal cal o fixeron eles e elas):
  • A obra encantoume e fíxome ver as cousas doutra maneira. A actriz era moi boa e fíxoo moi ben. Ensinoume a saber valorar á xente e ser mellor persoa, neste caso a parella. Tamén grazas á obra sei que non se poden consentir moitos actos e que por ser home ou muller non eres máis.
  •  La actriz actuaba muy bien, pero me gustaría que se dieran más actuaciones desde otro punto de vista o desde el otro género, porque siempre nos intentan transmitir lo mismo. Aún así una gran actuación.
  • Me gustó, pero siempre explican lo mismo; estaría bien bien verlo desde otro punto de vista.
  • Cuando vi la obra me impactó el nivel de actuación de la chica, me transmitió admiración.
  • Me gustó el mensaje y fue diferente.
  • Me sentí triste, y enfadado a la vez, con un contraste de felicidad. Aunque fue demasiado sobreactuado el hombre, ya que gente como yo no somos así.
  • A obra gustoume, sentínme triste, pero gustoume vela. A actriz gustoume moito, era graciosa, e gustoume moito a súa actuación. Foi diferente ás outras charlas, esta fíxonos ver as cousas como eran, as outras charlas sempre ensinan o mesmo.
  • Fue un poco exagerado, pero fue divertido y entretenido. Todo lo que interpretó la chica (que actuaba muy bien) ya lo sabía porque siempre nos enseñan y dicen lo mismo.
  • Fue graciosa y divertida y la actriz actuó muy bien. Pero este año creo que es un tema muy repetitivo y cansino.
  • Fue graciosa y divertida. No me enseñó nada nuevo porque siempre cuentan lo mismo en las charlas. La actriz actuaba muy bien.
  • Nos hizo ver las cosas de otra manera, fue divertido y entretenido. Fue la charla que más me gustó. Muy buena actriz.
Unha reflexións sobre as reflexións: Se realmente saben toda a teoría e están convencidos e convencidas de que as cousas teñen que medrar e de que eles e elas non se comportan así, por que na nosa xuventude segue habendo tanto sexismo e tantas relacións non igualitarias???

CHARLA: A NOVA ESCRAVITUDE DO SÉCULO XXI

 

O 2 e o 3 de abril, as alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO, tiveron unha charla de sensibilización sobre "A nova escravitude do século XXI: Trata de seres humanos con fins de explotación sexual, outra forma de violencia de xénero".




 Tanto para quenes exercen a prostitución como para cantas mulleres carecen de todo tipo de recursos, esta organización abre camiños cara á inserción social e laboral, a través da formación, organizando obradoiros de perruquería ou cursos de xeriatría ou de axuda a domicilio.



Con estas charlas, preténdese sensibilizar a todos os rapaces e rapazas sobre esta lacra que afecta a tantas mulleres que son forzadas a prostituírse; tamén se trata de eliminar prexuízos e falsos mitos sobre a prostitución.




ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL LIBRE DE PREXUÍZOS.


Desde o Departamento de Orientación leváronse a cabo propostas e actividades de orientación académica e profesional libres de estereotipos e prexuízos de xénero.

O alumnado de 4º da ESO visitou (o día 28 de febreiro), acompañado pola súa titora e a orientadora do centro, varios centros educativos da comarca de Ferrolterra, onde puideron ver como hai cada vez máis persoas de ambos sexos representados nos diferentes campos profesionais. Así mesmo, este grupo de alumnos e alumnas, visitaron e participaron na II Feria de Orientación de Ferrol, onde puideron buscar información sobre diferentes estudos superiores, tanto de formación profesional, como universitarios e das ensinanzas de réxime especial.

 As charlas de orientación académica e profesional foron levadas a cabo no mes de maio pola orientadora, en coordinación coa titora de 4º da ESO neste curso, aportando sempre unha visión libre de prexuízos de xénero e de estereotipos sexistas a nivel académico e laboral. 

A cada un dos cursos da ESO, e en función do nivel ao que promocionarán o vindeiro curso, se lle pasou un caderniño de orientación académica e profesional coa información sobre a optatividade no curso seguinte, itinerarios, a promoción ao curso seguinte, a titulación, as saídas académicas e profesionais, becas e axudas ao estudo, etc. Tamén se impartiu unha charla sobre a ESO ao alumnado de 6º da ESO. Tamén se atenderon moitas demandas do alumnado a nivel individual no departamento de orientación.

No mes de setembro levaranse a cabo todas as charlas informativas ás familias, aínda que xa se informou de xeito individual a todos aqueles pais e nais que o solicitaron.


 

viernes, 28 de junio de 2019

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ.


Foron varias as propostas que se fixeron para celebrar o día da Paz a finais do mes de xaneiro:

  Elaboración dun puzzle xigante para formar unha pomba da paz que poda quedar colocado nun lugar visible.







  O profesor de Música de Secundaria compuxo a música para poñer letra a unha canción sobre a paz, entre todo o alumnado do centro, que a cantou ese día.


 

  ESO: profesora de Lingua Galega: recital de poemas. O alumnado da ESO acudiu a Infantil e Primaria a ler algún poema aos pequenos.