viernes, 14 de junio de 2019

ACTIVIDADES E ACTUACIÓNS AO LONGO DO CURSO 2018-2019

Este curso académico, no CPI de San Sadurniño estivemos traballando na igualdade a través dun Proxecto titulado: "A igualdade como realidade vivida no CPI de San Sadurniño". Aínda que estaba dirixido a todo o centro, fomos cinco as profesoras directamente involucradas no proxecto.
Estas foron as actividades realizadas en xeral, aínda que logo se traballaron moitas máis actividades desde as diferentes materias e áreas:
ACTIVIDADES E ACTUACIÓNS PARA UNHA ESCOLA COEDUCATIVA 2018-2019
EDUCACIÓN INFANTIL
- Para 6º curso: Contacontos e obradoiros de manualidades (23 de novembro).
Dentro da campaña de sensibilización contra a violencia de xénero da Deputación de A Coruña.
EDUCACIÓN PRIMARIA
- Para 4º e 5º: Gymcana coeducativa (23 de novembro).
Dentro da campaña de sensibilización contra a violencia de xénero da Deputación de A Coruña.
- Para 6º: Obradoiro de Habilidades Sociais (11 e 13 de decembro).
De ASFEDRO.
EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA
- Para 1º e 2º: Obradoiro de Habilidades Sociais (xaneiro e febreiro).
De ASFEDRO.
- Para 2º e 3º: Obradoiro de Educación Afectivo-Sexual (novembro e decembro).
De Atalaia.
- Para 3º e 4º: Obradoiro sobre prevención da violencia de xénero (7 de marzo).
Na Casa da Cultura do Concello.
- Para 3º e 4º: Programa socioeducativo de prevención da violencia de xénero “Suprime o Control” (xaneiro).
Da Deputación.
- Para 3º e 4º: Obradoiro de Prevención de Drogodependencias (febreiro e marzo).
De ASFEDRO.
- Para 4º ESO: Obradoiro “Nas TIC mandas ti” (24 de outubro).
Da Deputación.
CONMEMORACIÓN DO DÍA DA MULLER (marzo e abril):
- Para todos os cursos de Infantil e Primaria: Traballo sobre “As mulleres da nosa vida”.
Proposta de centro.
- Para todo o centro: Exposición de fotos de “Rosie la Remachadora” co lema “You can do it” - “Podemos facelo”,
coa foto personalizada de cada un ou unha.
- Exposición do “Libro de Igualdade” do centro onde cada membro da comunidade educativa pode deixar a súa achega: unha cita,
unha reflexión, un relato, un debuxo, un poema,...
DENTRO DO PLAN PROXECTA: “Por 365 días de respecto e igualdade”:
“A igualdade como realidade vivida no CPI de San Sadurniño”.
• Exposición “Cartas de Amor”.
Dirixida a: Para todo o centro e para toda a comunidade educativa en xeral.
Datas: Do 14 ao 29 de maio, no edificio de Secundaria.
Haberá tamén unha sesión cunha profesional para tratar unha unidade didáctica sobre o tema, en Secundaria.
• Obradoiro: “Violencia de xénero e o novo contexto dixital”.
Dirixida a: 1º, 2º e 3º ESO.
Data: xoves 2 de maio: dúas sesións para cada grupo.
• Charla de sensibilización “A nova escravitude do século XXI: Trata de seres humanos con fins de explotación sexual,
outra forma de violencia de xénero”.
Dirixida a: 3º e 4º ESO.
Datas: martes 2 de abril e mércores 3 de abril.
• Charla sobre “O tratamento da violencia de xénero na publicidade e nos medios audiovisuais”.
Dirixida a: 2º ESO.
Data: xoves 25 de abril.
• Espectáculo teatral sobre violencia de xénero: obra teatral “Golpes”.
Dirixida a: 3º e 4º ESO.
Data: xoves 4 de abril.
CHARLAS DENTRO DO PLAN DIRECTOR
• Para 6º de Primaria: Acoso escolar (4 de abril).
• Para 1º ESO: Acoso escolar (5 de abril).
• Para 2º ESO: Riscos de Internet (4 de abril).
PLAN DE IGUALDADE PARA EDUCACIÓN PRIMARIA
• As heroínas da igualdade: proposta de coeducación da igualdade en Educación Primaria.
Dúas sesións para cada curso de 1º a 6º de Primaria (mes de maio).
ESCOLA DE PAIS E NAIS
- Charlas e obradoiros para nais e pais (no mes de maio, varias sesións polas tardes).
De ASFEDRO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario