domingo, 30 de junio de 2019

ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL LIBRE DE PREXUÍZOS.


Desde o Departamento de Orientación leváronse a cabo propostas e actividades de orientación académica e profesional libres de estereotipos e prexuízos de xénero.

O alumnado de 4º da ESO visitou (o día 28 de febreiro), acompañado pola súa titora e a orientadora do centro, varios centros educativos da comarca de Ferrolterra, onde puideron ver como hai cada vez máis persoas de ambos sexos representados nos diferentes campos profesionais. Así mesmo, este grupo de alumnos e alumnas, visitaron e participaron na II Feria de Orientación de Ferrol, onde puideron buscar información sobre diferentes estudos superiores, tanto de formación profesional, como universitarios e das ensinanzas de réxime especial.

 As charlas de orientación académica e profesional foron levadas a cabo no mes de maio pola orientadora, en coordinación coa titora de 4º da ESO neste curso, aportando sempre unha visión libre de prexuízos de xénero e de estereotipos sexistas a nivel académico e laboral. 

A cada un dos cursos da ESO, e en función do nivel ao que promocionarán o vindeiro curso, se lle pasou un caderniño de orientación académica e profesional coa información sobre a optatividade no curso seguinte, itinerarios, a promoción ao curso seguinte, a titulación, as saídas académicas e profesionais, becas e axudas ao estudo, etc. Tamén se impartiu unha charla sobre a ESO ao alumnado de 6º da ESO. Tamén se atenderon moitas demandas do alumnado a nivel individual no departamento de orientación.

No mes de setembro levaranse a cabo todas as charlas informativas ás familias, aínda que xa se informou de xeito individual a todos aqueles pais e nais que o solicitaron.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario