Como xa vos comentaba, o pasado venres 4 de decembro, Gloria Serrato estivo connosco para impartir un obradoiro sobre a exposición "Cartas de amor" ao noso alumnado de 1º de Bacharelato. Como foron eles e elas os implicados, non comento nada máis e déixovos as súas reflexións e valoracións.
IES
VALORACIÓN SOBRE O OBRADOIRO “CARTAS
DE AMOR”
REALIZADO O DÍA 4 DE DECEMBRO DE
2015
ESTE
CUESTIONARIO É ANÓNIMO. SÓ NECESITAMOS QUE NOS DIGAS SE ES RAPAZ OU RAPAZA.
POR FAVOR, CÚBREO CON SERIEDADE. SE HAI
ALGO QUE NON QUEIRAS CONTESTAR, DÉIXAO EN BRANCO.
CURSO: 1º
BAC 25
HOMES 30 MULLERES
|
MOI BEN
|
BEN
|
REGULAR
|
MAL
|
Cal foi a túa impresión sobre o obradoiro?
|
12
|
40
|
2
|
1
|
Cres que realmente fai falta tratar estes temas?
|
43
|
9
|
4
|
|
Como valoras a intervención de Gloria, a poñente?
|
25
|
26
|
4
|
|
Cal foi o teu nivel de motivación ao longo do
obradoiro?
|
2
|
36
|
16
|
2
|
Cal foi o teu nivel de participación ao longo do
obradoiro?
|
3
|
16
|
29
|
8
|
Cres que
aprendiches algo novo sobre as relacións afectivas que se establecen entre vós
nestas idades?
MULLERES:
·
Si.
·
Si, porque hai actuacións que se asumen como se fosen
normais, pero en realidade non o son.
·
Si, porque aprendemos que hai cousas que aínda que non
nolo pareza, facémolo mal.
·
Si, que hai que ter máis coidado nas relacións.
·
Si, decateime de que o traballo da muller está menos
valorado que o do home, e iso segue sendo así. Hai moitos rapaces da nosa idade
que seguen sendo machistas e crense os xefes de todo.
·
Si, que debemos mellorar o trato con uns e outros e non
cambiar de forma de ser polo sexo que sexa.
·
Si, aprendín que o amor non é violencia, senón que é
demostrar a túa confianza a outra persoa.
·
Si, que o amor non o é todo nunha parella, tamén ten que
haber confianza e moito respecto un cara ao outro.
·
Si, aprendemos moitas cousas sobre como tratar aos demáis
e tamén reflexionamos sobre erros que cometemos moitas veces, a maioría delas
de forma inconsciente.
·
Si, aprendemos moitas cousas sobre como tratarnos entre
nós ou como tratar á parella e como respectarnos.
·
Si, que ti non dependes da túa parella para vivir (2).
·
Si, que se un rapaz intenta controlarte ou mandar en ti,
debes deixar esa relación.
·
Si, que debes ser libre nunha relación, o amor non
significa que quedes sen liberdades.
·
Si, aprendín as diferentes formas de maltrato.
·
Si, aprendín que non se poden tolerar certas actitudes
que nos fan dano, por moi mínimo que sexa o mal que nos fan sentir.
·
Si, o que é o amor e o que podemos esperar. Que non
existen medias laranxas.
·
Creo que a nosa idade son moi importantes as relacións,
xa que nos marcarán para o resto da vida.
·
Penso que é necesario que se fale disto e gústame que se
faga. Máis que aprender cousas novas, precisei coñecementos sobre o tema.
·
Si, sobre todo a ter claro que cada un decide por si
mesmo.
·
Si, xa que non debemos depender de ninguén nin estar
obrigados a que teña mandato sobre nós.
·
Si, que non nos debemos deixar controlar por outras
persoas.
·
Si, aprendín a que temos que estar cos ollos máis abertos
e darnos conta de cando alguén nos quere controlar antes de que poida chegar á
violencia.
·
Si, puiden aprender as situacións que poden vivir
algunhas rapazas.
·
Si, aprendín que temos que ser máis independentes e que
se alguén nos quere controlar, debemos evitalo.
·
Ningunha novidade.
·
Non (2).
·
Non, xa que en anos anteriores asistimos a charlas deste
tipo, pero paréceme un tema moi interesante.
·
Non, xa sabía toto, eran cousas básicas sobre o que un xa
está informado.
HOMES:
·
Si (2).
·
Si, sempre se aprende algo novo, pero case todo o sabía.
·
Si, sempre se aprende algo novo todos os días.
·
Si, temos que dar máis liberdade ás nosas parexas.
·
Si, algo máis aprendín (2).
·
Si, moitas cousas que non serven para nada.
·
Si, porque hai cousas das que non te das conta.
·
Si, servíume de gran axuda.
·
Si, axudoume a entender moitas cousas.
·
Creo que si, para isto estivo ben a actividade, porque
fíxonos ver a realidade social na que vivimos.
·
Si, xa que estes datos axudan a valora como se produce o
tema a realizar. Tamén axuda a saber, nunh pequena parte, como relacionarse coa
demais xente para poder ter unha relación coa outra persoa.
·
Si, pero a maioría das cousas que dixo xa as sabía (2).
·
Si, por exemplo a manter a intimidade das persoas, a non
ser violento.
·
Si, sempre hai que respectar, tamén que debemos ser máis
independentes e non facer caso ao mito da “media laranxa”.
·
Non (2).
·
Non, estas conferencias e obradoiros están ben, pero creo
que as persoas que padecen estas situacións non se dan de conta moitas veces, e
as charlas non son as solucións.
·
Non, falouse sobre cousas que xa sabía (2).
·
Non, xa nos informaron antes.
·
Non, pois eu xa estiven nun taller igual que o exposto
neste.
·
Non, xa que as cousas dadas nesta charla xa eran
coñecidas ao ser un tema actual no que se fai moito fincapé.
Cres que tes que modificar en algo a túa actitude respecto ás relacións
interpersonais entre mozos e mozas?
MULLERES:
·
Si (1).
·
Si, debemos usar outros términos para tratar e
responderlles aos compañeiros.
·
Si, xa que, aínda que sexa de broma, non debemos insultar
ao amigo ou amiga cando queremos dirixirnos a el ou ela, porque lle pode
molestar ou podemos facer que se sinta mal. Debémolo evitar.
·
Si, que a violencia non se pode coar no amor.
·
Creo que debo ser eu mesma e non cambiar por ter un mozo,
porque se non son eu mesma, non estarei con total comodidade e ao final
arrepentireime.
·
Nalgúns aspectos pode que si, aínda que xa se intenta
levar o mellor posible.
·
Non (11).
·
Non, porque as rapazas de agora temos outra mentalidade e
non deixamos que os homes manden tanto en nós como era antes.
·
Non, porque nos enamoramos de verdade e cando estamos
enamorados non existe outra persoa e non a controlamos.
·
Non, porque nós namorámonos de verdade, e cando se ama de
verdade a unha persoa, non se lle fan esas cousas.
·
Non, considero que adopto unha postura correcta, sei onde
están os límites e non deixo que ninguén me atrape.
·
Non, eu creo que a miña actitude ante este tema é a
adecuada (2).
·
Non, penso que actúo como é debido, todo correcto (3).
·
Non, está todo correcto. Ao saber xa todo isto, xa sei
como comportarme fronte a esas situacións.
·
Non, porque a min ninguén me controla.
·
Non, porque a verdade é que xa era consciente desta
situación.
·
Non, porque eu xa non deixo que me controlen, nin que me
digan o que teño que facer, como vestir,...
HOMES:
·
Si.
·
Si, pero farase con tempo en toda a sociedade, paseniño,
pero firmemente.
·
Si, as nosas palabras afectan e poden prexudicar aos que
nos rodean.
·
Un pouco, creo que todo se pode mellorar, especialmente
neste ámbito.
·
Pode que poida modificar algunha actitude que poida facer
sentir mal a algunha persoa, pero non creo que sexa grave a actitude.
·
Non, porque eu cas mozas (e con todos) pórtome ben e non
son deses que lles pegan ás mulleres. Algúns claro que tiñan que cambiar a
actitude respecto ás relacións.
·
Non (8).
·
Non, creo que está ben.
·
Non, non me considero machista.
·
Non, creo que a miña actitude é bastante boa.
·
Non, eu creo que trato de igual maneira ás persoas de
ambos sexos (2).
·
Non, porque eu son moi bo novio e tratámonos moi ben en
todas as relacións.
·
Non, non me vin identificado con ningún destes actos para
nada.
·
Pola miña parte non, xa que eu penso que me comporto
dunha maneira adecuada coas demáis persoas da miña idade, menores e maiores.
·
Non, porque non teño nada que modificar.
·
Non, teño unha actitude pasiva.
·
Non, eu creo que non, xa que actúo con responsabilidade.
MOITAS GRAZAS POLA TÚA
COLABORACIÓN