lunes, 21 de marzo de 2016

TALLER "DI K NON"


Enmarcada tamén dentro da nosa Semana Cultural, o venres 18 de marzo desenvolveuse o obradoiro "Di k non" que organiza a Fundación Barrié en colaboración co centro peninteciario de Teixeiro.

A actividade estivo dirixida aos ciclos formativos de Formación Profesional, tanto aos ciclos de grao medio como aos ciclos de FP Básica.

Un grupo de funcionarios do centro acompañaron aos internos que, logo de moito traballo e dedicación, realizaron unha pequena obra teatral sobre o que supón para unha persoa a privación da liberdade. 


Unha parte importante da xornada estivo dedicada a que os propios internos, varios homes e unha muller, nos contasen a súa experiencia e debatesen co alumnado e co profesorado, sobre os efectos e as consecuencias do consumo de drogas.






Queremos agradecerlles a súa implicación e os consellos que lles deron aos nosos alumnos e alumnas, tanto os funcionarios como, sobre todo, os propios internos. 

Agradecémoslles tamén o agasallo que nos deixaron, personalizado e feito polos propios internos, que subíu a recoller ao escenario un dos nosos alumnos.



Esperamos contar con eles en futuras ocasiones, xa que é unha experiencia moi cercana e que nos debe facer reflexionar a todos e todas. 

O vindeiro 30 de marzo, á volta das vacacións, seremos nós os que fagamos unha visita ao centro penitenciario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario