miércoles, 16 de marzo de 2016

15 DE MARZO, DÍA DO CONSUMO RESPONSABLE.

Onte, 15 de marzo, celebramos o Día do Consumo Responsable. A Asociación Galega de Consumo, a través do Instituto Galego de Consumo, ofreceu dúas vídeoconferencias para poder seguir en directo, unha ás 10 da mañá, para Educación Primaria, e outra a partir das 12, para o resto das etapas educativas, ambas coa posibilidade de preguntar dúbidas e facer achegas a través do chat da propia plataforma.

O noso IES apuntouse á segunda videoconferencia, sobre consumo responsable, que tivo lugar entre as 12:00 e as 13:00 horas. Como nunca se sabe como van responder as novas tecnoloxías, a rede xugounos unha mala pasada e non puidemos seguir máis que unha pequena parte da charla en directo, xa que se estivo cortando continuamente a sinal.

De todos os xeitos, hoxe temos xa os enlaces para poder ver a conferencia que onte non puidemos e que verán os nosos alumnos e alumnas ao longo da semana:


Por outra banda, faremos publicidade a través das titoras, do concurso de carteis que organiza a Escola Galega de Consumo; remata o prazo para participar o 15 de abril.
No seguinte enlace pódese atopar información sobre este concurso e descargar a convocatoria e a solicitude de participación; o alumnado gañador recibirá unha tableta dixital HD:

http://consumo.xunta.gal/gl/formacion/proxectos/concurso-de-carteis-do-dia-mundial-dos-dereitos-das-persoas-consumidoras

Ademais, esta Escola realiza todo o ano charlas participativas e talleres sobre consumo responsable. Podemos coñecer máis sobre estas actividades, visitando a páxina web da mesma:

http://consumo.xunta.gal/gl/formacion

Aquí quedan as imaxes do momento en que participamos da videoconferencia:




Este é o enlace de facebook da Escola Galega de Consumo. Aquí podedes ver o álbum coas fotos das vídeo-conferencias realizadas en diversos centros escolares galegos, entre eles, o noso IES:

https://www.facebook.com/media/set/?set=a.1033898063350204.1073742062.358153357591348&type=3

No hay comentarios:

Publicar un comentario