jueves, 17 de marzo de 2016

INFORMACIÓN DA REDE GALEGA DE DINAMIZACIÓN XUVENIL.

Enmarcada dentro da Semana Cultural que estamos a celebrar, onte, día 16 de marzo, contamos con Fernando  Rodríguez Castro, dinamizador xuvenil da Rede Galega de Dinamización Xuvenil que depende da Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Durante máis dunha hora, estivo informando ao alumnado de ciclos formativos (tanto de grao medio como de FP Básica), dos diferentes programas e proxectos que están á súa disposición.

En primeiro lugar, faloulles da "Iniciativa Xove", proposta que o ano pasado aprobou algo máis de 1000 proxectos. No seguinte enlace podedes atopar información da convocatoria, que foi publicada no DOG do 3 de marzo:


Despois pasou a informar sobre "GALEUROPA", iniciativa de emprego xuvenil onde os xóvenes poden facer prácticas non remuneradas no estranxeiro, o que lles da unha experiencia que ás veces non é doada de conseguir no noso país. Están subvencionados os gastos de mantemento e desprazamento. Este ano aínda non saíu a convocatoria. 
Galeuropa é un proxecto que se vai desenvolver entre os anos 2014-2020; agora mesmo hai fondos, co cal o dinamizador animou aos rapaces a solicitalo, pois estamos nun bo momento para que o concedan.

Por último, informoulles sobre o Erasmus +, un servicio de voluntariado europeo. Tampouco supón ningún gasto, xa que conceden axudas para
desprazamento, aloxamento e manutención.

E como se certifican todas estas actividades? Pois a través do "youthpass", que é un certificado que emite a Unión Europea coas competencias adquiridas polas persoas que as realizaron.

Toda esta información pódese atopar na páxina web de Xuventude da Xunta de Galicia:


Na casa da Xuventude de Curtis e na OMIX (Oficina de Información Xuvenil) do Concello tamén hai profesionais que poden asesorar e informar.


Engado imaxes da charla onde podedes atopar tamén o correo de Fernando:








ACTUALIZACIÓN DA INFORMACIÓN A 8 DE ABRIL DE 2016:

Estes son os enlaces onde podedes atopar as convocatorias, que acaban de ser publicadas no DOG do 8 de abril:

- Orde do programa Galeuropa (programa de prácticas formativas non remuneradas na UE):

http://xuventude.xunta.es/2016040818900/programa-de-mobilidade-transnacional-xuvenil-galeuropa-2016.html

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160408/AnuncioG0425-280316-0001_gl.pdf

- Orde da Acción de verán 2016 (campamentos para idades comprendidas entre 9 e 17 anos):

http://xuventude.xunta.es/2016040818898/accion-de-veran-2016.html

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160408/AnuncioG0425-010416-0002_gl.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario