No DOG do 4 de abril sae publicada a Resolución pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4. Esta convocatoria vai dirixida ás persoas maiores de 16 anos ou que os fagan no ano 2017, nacionais ou estranxeiras.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada, nas seguintes datas, que se poderán mudar por razóns de forza maior ou para mellor administración das mesmas:
- Celga 4: 10 de xuño de 2017.
- Celga 2: 11 de xuño de 2017.
- Celga 3: 17 de xuño de 2017.
- Celga 1: 18 de xuño de 2017.
No seguinte enlace pódese atopar información máis detallada:
No hay comentarios:
Publicar un comentario