O mércores 27 de abril visitáronnos tres voluntarios da "Asociación de Alcohólicos Anónimos" de A Coruña. Estas tres persoas aportaron as súas experiencias como enfermos alcohólicos, que resultaron bastante impactantes aos nosos alumnos e alumnas de Formación Profesional e tamén ao profesorado.
O máis sorprendente foi como nos explicaron que esta Asociación non ten ningún tipo de subvención e está formada só por enfermos que se axudan uns aos outros e que atenden o teléfono as 24 horas do día.
O obxectivo desta actividade é traballar a educación para a saúde e a prevención de riscos derivados do consumo de bebidas alcóholicas.
Como sempre, pasamos un pequeno cuestionario aos grupos que asistiron á charla, que foron os alumnos de Formación Profesional de Grao Medio e os de Formación Profesional Básica.
Estes son os resultados do cuestionario, divididos por grupos de idade: maiores de idade e menores, xa que supusimos, como así foi, que as valoracións ían ser diferentes. As respostas están agrupadas, porque houbo moitas moi similares.
24 alumnos e alumnas maiores de idade:
1. Como valoras, de 0 a 10, a charla destas persoas? Por que?
10 = 7 persoas.
9 = 5 persoas.
8 = 5 persoas.
5 = 1 persoa.
4 = 1 persoa.
- Polo mal que o pasaron a pesar do mal que o pasaron.
- Foi moi interesante.
- Nótase o moito que melloraron.
- Polo valor que tiveron por contar as súas experiencias, por compartilas.
- Porque ao ser dada por persoas con esa enfermidade, impón máis e axúdache a entendelo mellor.
- A miña valoración máis negativa é porque non se repartiron ben o tempo para falar.
- Deberían dar máis consellos sobre como non caer no alcoholismo.
- É a súa vida e elixiron mal camiño.
2. Que opinas das experiencias polas que pasaron os tres voluntarios?
- Moi instrutivas para as persoas que están empezando nas bebidas e nas drogas.
- Parecéronme moi interesantes, xa que dixeron que comezaron a beber só cando saían de festa, cousa que facemos todos, e pensar que podemos acabar así é impresionante.
- Parecéronme moi impresionantes as tres, polas vivencias pasadas.
- Pois son tráxicas, aínda que con final "feliz".
- Parecéronme moi impactantes; son experiencias moi duras, tanto para eles como para a súa familia.
- Non me gustaría estar na súa situación.
- Que lle pode pasar a calquera.
- Fastidiadas e complicadas.
- Que souberon recapacitar a tempo.
- Que foron experiencias que os marcaron para a vida.
3. Cal foi a experiencia que che pareceu máis interesante? Por que?
- A do terceiro voluntario, porque se lle vían realmente as secuelas causadas polo alcol.
- A historia do paracaidista, do terceiro.
- A 3ª, polas súas vivencias por ser alcóholico.
- O que contou que recorría ao alcol para todo e probou todo tipo de drogas.
- A historia da muller, xa que dalgunha maneira chegoume a súa empatía.
- Que un deles preferiu o alcol e as drogas á súa muller.
- O primeiro que falou, porque lle morreu o pai.
- O primeiro, porque non é doado telo todo e acabar na rúa e perder á familia por culpa do alcol.
- O primeiro, non me querería ver por todo o que el pasou.
- Calquera das tres, polas súas experiencias familiares, que é a parte que máis sofre.
- A dos tres, porque todos empezaron de pequenos.
- Ningunha das tres, desas historias hai moitas.
4. Pensas que algunha persoa que ti coñeces podería estar necesitando axuda nestes momentos?
Non = 13 persoas.
Si = 8 persoas.
- Máis dunha, e con historias peores.
- Directamente non creo, pero basta con crer para que algún feito se faga realidade.
- Creo que non.
- Agora mesmo non.
- Pero ten que saír deles, por moito que ti queira axudar, ten que saír deles.
- Non, que eu saiba.
5. Cambiou en algo esta charla a tú perspectiva sobre o problema do alcol?
Si = 10 persoas.
Non = 7 persoas.
- Si, que o alcol é unha droga legalizada.
- Si, creo que isto axuda moito a concienciarse.
- Si, porque vin mellor os seus efectos.
- Seguramente si, aínda que non tiña claros os problemas que poden provocar estas bebidas.
- Probablemente.
- Pode que algo.
- En nada, non bebo.
- Non, porque máis ou menos xa o sabía.
6. Pensas que estas actividades están ben ou cres que están de sobra?
- Están ben.
- Parécenme moi ben.
- Están xenial.
- Están moi ben estas actividades.
- Están completas e cun resultado excelente.
- Creo que debería haber máis.
- Sobre todo para algunha xente.
- Sobran, non fan caso, os novos pensan que controlas, digas o que lles digas.
7. Se queres facer algún comentario ou suxestión, faino a continuación.
- Que haxa máis charlas sobre este tema ou relacionado.
- Están moi ben para concienciarnos sobre o problema do alcol.
- Seguir facendo o traballo que está máis que ben feito.
- Están ben, porque así coñeces o risco que corres.
- Por moito que lle digades á xuventude, eles van pensar que a eles non lles vai pasar.
24 alumnos e alumnas menores de idade:
1. Como valoras, de 0 a 10, a charla destas persoas? Por que?
10 = 6 persoas.
9,5 = 1 persoa.
8,75 = 1 persoa.
6 = 1 persoa.
6 = 1 persoa.
5 = 3 persoas.
3 = 3 persoas.
2 = 1 persoa.
0 = 1 persoa.
2 = 1 persoa.
0 = 1 persoa.
- Porque me pareceu interesante.
- Estivo ben.
- Non me gustou moito.
- Falaron moito.
- Tiña un vocabulario pouco axeitado.
- Ríanse e non tomaban en serio as súas historia.
- Non me gustou porque todo isto non é broma ningunha.
- Estiveron ben, pero só falaron eles, non tiveron comunicación co público.
- Moi boas.
- Explicárono moi ben e foi entretida.
- Porque está ben o que nos contaron, era interesante, só que o malo é que hai moita xente así.
- Ben, por informar sobre o que pode causar o alcol.
- Moi duras.
- Non me gustou porque non facían máis que rirse cando contaban as historias e non deixaron facer preguntas.
2. Que opinas das experiencias polas que pasaron os tres voluntarios?
- Son historias impactantes e bastantes duras.
- Moi interesantes.
- Moi malas experiencias.
- Mal e incluso grave.
- Fastidiadas, porque é complicado saír do alcoholismo.
- Tristes.
- Ningunha delas foi boa.
- Pois típicas, porque nestas idades (14-36) é algo que non solemos controlar, aínda que digamos que si.
- Foron moi duras, pero souberon deixalo.
- Que o pasaron moi mal por ser adictos ao alcol.
- Asustan un pouco, pero son interesantes e aprenden polo que podes pasar nesta vida.
3. Cal foi a experiencia que che pareceu máis interesante? Por que?
- A do primeiro, porque saíu do alcol e das drogas.
- A do primeiro, porque recaeu moitas veces.
- O primeiro e o último.
- As dos tres.
- O mellor foi que saíron do seu problema.
- O primeiro porque chegou a estar en coma.
- O primeiro, por caer nas drogas por culpa do alcol.
- O primeiro foi o que peor o tivo que pasar.
- A experiencia que máis me impresionou foi a da persoa que consumía coca para aguantar e poder seguir bebendo.
- O primeiro, porque tiña unha filla e deixouna sen facerlle caso.
- A do terceiro que falou, porque facía as cousas por facer, como se estivera "tolo".
- A da muller, que foi lista por deixalo.
4. Pensas que algunha persoa que ti coñeces podería estar necesitando axuda nestes momentos?
Non = 13 persoas.
Si = 11 persoas.
- Non, pero se coñecera a alguén, recomendaríalle este centro.
5. Cambiou en algo esta charla a tú perspectiva sobre o problema do alcol?
Si = 8 persoas.
Non = 13 persoas.
- Non, porque eu xa tiña isto aprendido, e os problemas de alcol non te levan por bo camiño.
- Hai que saber parar de beber e saber beber e, sobre todo, non abusar do alcol.
- Eu teño unha perspectiva moi negativa do alcol.
- Non teño problemas co alcol.
- Aprendín algo máis, pero eu non identifico festa con alcol.
- Porque o alcol é malo, e pode producir comas etílicos.
- Non, porque eu xa sei os efectos.
- Si e non.
- Antes vía como algo normal que beberan moito para pasalo ben, agora vexo que é grave.
6. Pensas que estas actividades están ben ou cres que están de sobra?
- Están ben.
- Están bastante ben.
- Está ben sempre saber novas historias sobre alcol e drogas. Unha pasada.
- Pode haber persoas que poidan necesitar estas charlas para sentar a cabeza.
- Hai xente que pode aprender con elas.
- Se se fan con máis intervencións dos alumnos, si.
- Parécenme interesantes.
- Para perder clase.
- Así temos coidado co alcol.
- Están de sobra.
7. Se queres facer algún comentario ou suxestión, faino a continuación.
- En xeral, gustoume.
MOITAS GRAZAS POLA TÚA COLABORACIÓN.
No hay comentarios:
Publicar un comentario